Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Deza Un cabrestante móbil de tracción “T-Winch”, primeiro premio no Concurso de Innovación...

Un cabrestante móbil de tracción “T-Winch”, primeiro premio no Concurso de Innovación da feira forestal Galiforest Abanca 2024

- Anuncio -
  • HOUBO TAMÉN TRES MENCIÓNS, PARA UN MODELO DE GUANTE ANTICORTE E ANTIVIBRACIÓN CLASE 2, UN PORTAFERRAMENTAS TELEDIRIXIDO E UNHA PROCESADORA TALADORA DE PINO E EUCALIPTO
  • OS GALARDÓNS FORON ENTREGADOS ESTA TARDE NO MARCO DESTE CERTAME, O CAL SE CELEBRA DENDE HOXE E ATA O SÁBADO NO CENTRO DE FORMACIÓN E EXPERIMENTACIÓN AGROFORESTAL DE SERGUDE (BOQUEIXÓN)

Un cabrestante móbil de tracción “T-Winch”, presentado pola empresa Hitraf, conseguiu o primeiro premio no Concurso de Innovación Tecnolóxica da feira forestal Galiforest Abanca 2024, a cal se leva a cabo desde hoxe ata o sábado no monte do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), organizada pola Feira Internacional de Galicia ABANCA co apoio da Xunta de Galicia.

Este cabrestante móbil de tracción “T-Winch” de Ecoforst é unha máquina auxiliar deseñada para outorgarlle seguridade e suxeición tanto á máquina coa que se traballa como ao operario forestal. Destaca por maximiza o factor de seguridade do operario e da máquina forestal en terreos escarpados e de difícil acceso, minimizar os danos do chan ao soportar a forza de freado e tracción da máquina coa que se está traballando e tamén a súa versatilidade para adaptala a diferentes tipos de maquinaria forestal.

Neste Concurso de Innovación tamén se concederon tres menciones. A Mención I recaeu nos guantes anticorte e antivibración clase 2, presentados por Pattones Robert´s, destinados a labores de poda e roza a nivel profesional. Axustados ao pulso mediante puño elástico e peche de velcro, contan con sete capas de tecido anticorte e con reforzo especial de almofada antivibración na palma completa estendida ata as xemas dos dedos que proporciona unha maior protección contra golpes e vibracións durante o manexo de ferramentas e o funcionamento do equipo.

A Mención II foi para RoboPlus, a primeira máquina radiocontrolada do mundo con motor Stage V de 100 CV. Presentado por Murat – Energreen é un portaferramentas teledirixido deseñado para operar nas áreas máis difíciles e pendentes de ata 55º. Conta con PAI (Power Air Intake), un sistema de aspiración do motor térmico que permite manter a máquina sempre nas mellores condicións de eficiencia e garante unha vida útil do motor tres veces maior. Así mesmo, a través do seu sistema Efficiency Control System, pode avanzar sempre á máxima velocidade dispoñible, considerando a potencia do motor térmico e a vexetación presente.

A Mención III foi concedida á procesadora taladora de eucalipto e piñeiro presentada por Forest Pioneer. Trátase dun novo segmento de procesadora/taladora made in Galicia que tecnicamente se achega ás prestacións dunha máquina Premium propiamente forestal e economicamente asimílase ao prezo de compra dunha escavadora de Obra Pública. Unha máquina que se posiciona entre estes dous segmentos cun prezo moi competitivo medio de 400.000 euros e con gran rendemento, ergonomía e seguridade. Un novo segmento de procesadora/taladora con obxectivo de fabricación en Galicia para todo o mundo.

Os premios foron entregados esta tarde polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez; o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan; o xefe territorial de Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo; o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro; e o director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, Ricardo Durán, quen estiveron acompañados polos membros do xurado.

Ao concurso, co cal a Feira Internacional de Galicia ABANCA pretende contribuír ao fomento do I+D+i no sector forestal, presentáronse 21 innovacións destinadas a achegar melloras ao sector forestal e a optimizar os seus recursos.

Todas estas novidades e tamén moitas outras presentadas polas empresas participantes nesta edición móstranse na área de exposición do monográfico.

Avaliadas por oito expertos

As innovacións participantes foron examinadas esta mañá por un xurado conformado por oito expertos pertencentes a sete institucións e entidades. Foron Gonzalo Piñeiro, xefe de departamento da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA); Sergio Frade, técnico de Apoio á Divulgación e Investigación do Departamento de Silvicultura e Mellora Xenética do Centro de Investigación Forestal de Lourizán – Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL); Ana Oróns, secretaria xeral da Federación Empresarial de Aserradores  e  Rematantes de Madeiras de Galicia (FEARMAGA); Enrique Martínez, director do Centro de Investigación Forestal de Lourizán; Carlos Vaamonde, enxeñeiros forestal profesor do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude; Patricia González, xerente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia; Óscar González, profesor da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra – Universidade de Vigo; e Pablo Vila, director do Departamento de Enxeñería Agroforestal da Escola Politécnica Superior de Lugo – Universidade de Santiago de Compostela.

Relacionadas

O Goberno Municipal de As Neves traballa en solucións reais para o SAF

0
O actual goberno municipal de As Neves, liderado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, lamenta profundamente a campaña de desinformación que intenta promover o BNG...

A Deputación ultima o prazo para que o persoal técnico deportivo das entidades locais...

0
As axudas convócanse en colaboración coa Asociación do Deporte Español para sufragar os custos da realización do Curso de Competencias de Dixitalización, Innovación e...

A Deputación de Pontevedra abre o próximo venres a exposición “Espazos liminais na miña...

0
A mostra estará dispoñible ata o 22 de setembro na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas desde fai...

A Deputación retoma os obradoiros en familia sobre a exposición ‘A era das fábulas’,...

0
As actividades están dirixidos a nenas e nenos a partir de 6 anos acompañados dunha persoa adulta Dentro das actividades complementarias á exposición ‘A era...

A Deputación inicia a próxima semana máis de 20 novos obradoiros do programa Provincia...

0
Preto de 400 veciños de 15 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, competencias dixitais, ioga ou ximnasia de mantemento A Deputación...

O Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo Socialista que...

0
O Pleno Ordiario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de  Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros...

Publicacións Relacionadas