Home Pontevedra O Salnés Un total de 30 establecementos turísticos beneficiáronse das axudas da Xunta para...

Un total de 30 establecementos turísticos beneficiáronse das axudas da Xunta para o incremento da calidade da oferta

- Anuncio -

— A Xunta concedeu axudas para a mellora dos 30 establecementos de aloxamento turístico e de restauración por importe de 465.000 euros, segundo trasladou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda na reunión mantida co Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo

— A través de Turismo de Galicia financiáronse proxectos que permitiron a execución de actuacións orientadas a eliminación de barreiras arquitectónicas, mobiliario ou mellora da eficiencia enerxética

— Para este ano, o Goberno galego case triplicou o investimento desta liña de axudas creada en 2018 para mellorar os establecementos turísticos, dotada con 3,5 millóns de euros

— O ano pasado se incorporaba por vez primeira unha liña de axudas dirixida a restaurantes

A Xunta concedeu axudas para a mellora dos 30 establecementos de aloxamento turístico e de restauración por importe de 465.000 euros, segundo trasladou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda na reunión mantida esta semana co Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo.

O investimento concedido a través de Turismo de Galicia permitiu actuacións de mellora da infraestrutura turística galega orientadas a eliminación de barreiras arquitectónicas, mellora da sustentabilidade enerxética ou modificacións que lles permitiran aos establecementos obter certificacións de calidade a 28 aloxamentos 2 establecementos de restauración no concello de Sanxenxo, polos cales recibiron 15.107 euros e 450.323 euros, respectivamente,

A convocatoria destas axudas permitiu levar adiante proxectos dirixidos fundamentalmente a accesibilidade, mellora das instalacións de cociñas, remodelación de baños e servizos, equipamentos mobiliarios e mellora de eficiencia enerxética e de espazos común (pinturas, solos, illamentos…).

A través desta liña de axudas creada en 2018, a Xunta subvencionou un total de 208 proxectos de mellora das infraestruturas turísticas cunha achega autonómica de máis de 3.7 millóns de euros co obxectivo de incrementar a calidade, a accesibilidade e a sustentabilidade da oferta turística galega.
A través desta liña de axudas creada en 2018, a Xunta subvencionou un total de 80 proxectos de mellora mellora dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración por importe de case 1,5 millóns de euros co obxectivo de incrementar a calidade, a accesibilidade e a sustentabilidade da oferta turística galega.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas