Home Pontevedra Unha Érguete e Corre de récord, 900 persoas suman kilómetros para mellorar...

Unha Érguete e Corre de récord, 900 persoas suman kilómetros para mellorar a vida de máis de 8.000 persoas

- Anuncio -

Todo o diñeiro que acadou a entidade será destinado a un proxecto nas vivendas de acollida da entidade e a un traballo artístico cos usuarios

Os e as participantes levaron nos seus dorsais un lazo vermello polo Día Internacional do VIH, unha enfermidade coa que Asociación Érguete loitou dende os seus inicios

900 persoas desafiaron hoxe a previsión de choiva coa ilusión de axudar ás máis de 8.000 persoas usuarias que atende cada ano a Asociación Érguete. Foi todo un récord. É o ano con máis persoas participantes da Érguete e Corre, que forma parte do Circuíto Run Run do Concello de Vigo dende o 2021. “Que ilusión ver a tanta xente apoiando a loita que iniciaron unha nais hai case 40 anos”, destaca a coordinadora da entidade, Elvira Rivas, que lembrou que este ano os cartos acadados serán adicados a dous programas de intervención. Un centrado nas vivendas de acollida que ten a Asociación Érguete en Vigo para que persoas que tiveron problemas de adiccións recuperen as súas vidas normalizadas a nivel laboral e persoal e outro adicado a traballar a creacións artística coas persoas usuarias na cidade e nas prisión galegas. “Queremos preparar unha serie de traballos artísticos con eles e elas acompañados de profesionais de cara ao 40 aniversario da asocaición o ano que vén”, explica a coordinadora da Asociación, Elvira Rivas.

A Érguete e Corre comezou coa Érguete peques, unha carreira na que máis de 100 nenos e nenas alcanzaron a meta coa ilusión de correr algún día como os seus pais e nais. Logo dos peques efectuaron a saída as bicis e o equipo de Discamino. Ás 11.00 horas foi a quenda dos corredores e corredoras das probas cronometradas, momento no que o concelleiro de Deportes, Manel Fernández deu o último pistoletazo de saída ao Circuíto Run Run 2024 do Concello. Os gañadores da Érguete Corre foron en categoría feminina 5k: Estela Diaz Diaz (1º), Carla Diaz Pardo (2º) e Ana Ledo Barrios (3º), e na masculina foron Asheber Diaz, Hassan Daniel Izzedine e Mario Rodríguez . Na categoría 10 km os gañadores son por orde de chegada Hugo Suárez, Emilio Tizón e Jesús Fernández, e as gañadoras Noemí Alvarez, Ane Pérez e Jessica Míguez

Todas as persoas participantes correron cun laziño vermello polo Día Internacional do VIH, unha enfermidade coa que a Asociación Érguete tivo que loitar moito dende a chegada do epidemia a Galicia en 1984.

Relacionadas

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

O Porriño acomete a mellora de 13 marquesiñas de autobús cunha inversión de máis...

0
● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas O Concello do Porriño culminou recentemente...

O Concello de Nigrán ofrece mañá o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de...

0
Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa O Concello de Nigrán e...

Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

0
Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas O Rosal demostra unha vez máis...

O BNG de Vigo oponse aos Orzamentos 2025 de Caballero por tombar todas as...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal volva impoñer o “rodete absolutista” no Pleno rexeitando as 152 emendas do Bloque e o conxunto...

O CPI Arquitecto Palacios achega ao concello de Nigrán242 KG de alimentos non perecedoiros...

0
Trátase do recadado polo colexio na recollida de alimentos de Nadal e dos cartos da ‘XIII Carreira Solidaria’ que organizan cada ano o 30...

Publicacións Relacionadas