Home Pontevedra Baixo Miño Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da Raia

- Anuncio -
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada

Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de Viños da Raia que se ía celebrar este sábado 30 e domingo 31 na praza da Inmaculada aprázase para o sábado 6 e o domingo 7 de abril.

Mantéñense para esta fin de semana as actividades paralelas previstas no edificio da praza da Inmaculada. Será este sábado ás 19 h o I Concurso de Cata, o domingo ás 12 o showcooking a cargo de Inma López  do Restaurante Beldade e ás 19 h a cata comentada. Estas tres actividades teñen as prazas limitadas, restando xa as últimas dispoñibles. É preciso inscribirse de forma gratuíta, na Oficina de Turismo, ben persoalmente no Paseo da Corredoira, no correo turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05.

Xa a próxima fin de semana, sábado 6 e domingo 7  de 12 a 16.30 h e de 20 a 23h  III Encontro de Viños da Raia reunirá na praza da Inmaculada ás adegas Corisca, Jorge Marcote, Pateira, María Bargiela, Sergio Álvarez, D’ricón, Do Vimbio, Marcio López, Edmun do Val e Xesteiro que presentarán os seus viños brancos, tintos e espumosos.  O prezo será dende 2,5€ a copa. A gastronomía estará presente da man de Almacén Urbano e de Emma Tapa&Brunch que ofertarán tapas de xamón, queixo, croquetas, empanada de pan de millo e unhas tapas/degustación de meixón, e coma sobremesa rosca de Pascua e tarta San Telmo.

Relacionadas

A Deputación celebra o Día Europeo dos Xardíns Históricos enxalzando a posición privilexiada da...

0
A deputada de Turismo, Nava Castro, remarcou que a provincia de Pontevedra conta con seis xardíns históricos situados na Estrada, Pontevedra, Ribadumia, Soutomaior, Vigo...

A Deputación financia melloras en camiños e accesos a núcleos rurais de Rodeiro por...

0
A institución provincial aproba dúas achegas que afectan a vías municipais situadas nas parroquias do Salto, Rodeiro, Guillar, Álceme e Vilela A Deputación de Pontevedra...

A Deputación recomenda manter un alto nivel de vixilancia das viñas ante a presenza...

0
A Estación Fitopatolóxica Areeiro recomenda tamén controlar a vexetación para evitar que reteña humidade e dificulte a aireación na contorna das vides A Estación Fitopatolóxica...

O Concello de Baiona saca a licitación de cinco chiringuitos de praia e un...

0
O Concello de Baiona, a través da concellería de Medio Ambiente, vai sacar a concesión para a explotación por terceiros de determinadas instalacións temporais...

Nove casetas acollerán a variedade vinícola local na Festa do Viño de Vilaboa

0
A degustación de caldos de adegueiros e colleiteiros complétase cunha variada oferta gastronómica á que o domingo 12 de maio se sumará a ostra...

O alcalde recibe ás patinadoras do Porriño gañadoras do bronce no Campionato de España

0
• Sara, Noa, Marta e Tania fixeron historia xunto co seu grupo ao ser a primeira vez que un equipo galego sube ao podio...

Publicacións Relacionadas