Unha nova promoción de guardiamarinas inician a súa traxectoria academia na Escola Naval Militar

adminON
Lectura mínima de 2

Como é tradición, a alcaldesa, María Ramallo, recibiu á nova promoción de primeiro curso, que chegou o 19 de agosto á vila e está iniciando a súa vida no centro castrense 

O Salón de Plenos do Concello de Marín recibiu esta mañá á nova promoción de guardiamarinas que iniciaron o seu primeiro ano académico no centro castrense, “a nosa universidade”, tal e como explicou a rexedora. 

Ramallo parabenizou a todo o alumnado, “que xa traballastes moito para chegar ata aquí, xa que supón moito esforzo de estudo e de disciplina”. A alcaldesa deulles a benvida a Marín, un lugar que queda no corazón de todos aqueles que pasan por él e que sempre será unha época importante na súa traxectoria académica. 

Esta tradición sempre coincide coa primera vez que os guardiamarinas saen da Escola Naval desde a súa chegada. “Compartiredes moitas experiencias coa nosa veciñanza, que vos recibirá de moi bo grao, e teredes unha aprendizaxe que non olvidaredes con facilidade”. 

Ramallo incidiu en que esto é unha “vocación” e que acadalo supón cumplir un “soño para moitos de vós”, moitos dos cales, tal e como se puxo de manifesto durante a recepción, nin sequera herdan da familia a profesión de oficiais da Armada ou dalgunha outra rama militar.

O acto clausurouse coa tradicional foto de familia que se realiza nas escalinatas do Concello e que se repetirá con todos aqueles que sigan unha vez chegue, pasados catro anos, o momento da súa graduación e fin de formación.

Comparte este artigo