Veciñanza de Petelos tranlada solicitudes sobre a antiga Reitoral a concello e consellería de Cultura

adminON
Lectura mínima de 2

As peticións son relativas á cesión dun espazo no edificio para destinalo á organización de diferentes iniciativas e á reconstrución dun muro

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, acompañado pola alcadesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, o edil de Patrimonio, Leo Costas e a concelleira da parroquia de Petelos e responsable de Atención Veciñal, Laura Méndez, xunto con outros membros do goberno local e o cura párroco, David López Castro, visitou hai uns días a rehabilitada antiga Casa Reitoral de Petelos para escoitar diferentes necesidades plantexadas pola veciñanza integrante da Comisión do Cemiterio de Petelos.

No encontro, tanto o cura párroco como membros da constituída ‘Comisión do Cemiterio’ da parroquia de Petelos, espuxéronlle ao conselleiro Román Rodríguez e á rexedora local mosense, Nidia Arévalo, as necesidades e posibles solucións a distintos asuntos relativos aos bens parroquiais: cemiterio, uso da antiga Reitoral antiga, obras … etc.

No caso do representante autonómico, a veciñanza de Petelos solicitoulle a intermediación ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural na tramitación dos preceptivos permisos para a reconstrución e arranxo dun muro.

Por outra banda os veciños e veciñas presentes na xuntanza plantexáronlle á Arévalo, alcaldesa de Mos, a posibilidade de contar coa cesión en uso dunha das estancias rehabilitadas na antiga Casa Reitoral, para desenvolver nese espazo diferentes iniciativas, actividades, reunión, etc. organizadas e promovidas pola agrupación parroquial.

Comparte este artigo