Este sábado día 31 de maio ás 19:30, o Pavillón Municipal de Deportes de Baiona será o escenario dunha velada de boxeo onde realizase o combate polo título polo campionato galego neoprofesional 5x3MIN como combate máis destacado.
O combate estrela celebrarase entre o actual posuidor do título, Adrián Metralleta Conde (Luciano Team) e o aspirante Diego Céspedes (Turbo Box) na categoría de 75 kg.
Ente outros combates destacables temos:
Sergio Añon(Skt) Vs. Ismael Riveiro(Luciano Team) na categoría de 65 kg (3×2)
David López(Fight Club 10-Oz) Vs. Marcos Pérez(Luciano Team) na categoría de 75 kg (3×3)
Jaime Ricare(Spartam) Vs. Roberto Alonso(Luciano Team) na categoría de 75 kg (3×3)
Sergio Manzo(Turbobox) Vs. Dayrel Michel(Luciano Team) na categoría de 81 kg (3×3)
O aforo para o evento é de 700 prazas e as entradas pódense adquirir na taperia “A avoa” en Baiona.

