O espectáculo está formado por un elenco de 18 artistas no escenario que dan vida á xira décimo aniversario ‘A Fórmula Perfecta’
O Concello de Nigrán ofrece este venres 23 de maio o concerto de ‘La Fórmula’ que tivera que anular o sábado 12 de abril debido á choiva. O evento musical será na zona skate-park de Porto do Molle desde as 21:00 horas cun DJ e a partir das 23:00 coa recoñecida orquestra. No recinto estarán instalados os bares da comisións de festas de Camos e de Parada e na entrada deixaranse prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida.
O espectáculo musical o forma un elenco de 18 artistas no escenario e 7 compoñentes de staff, xuntos dan vida á xira 2025 que coincide co seu décimo aniversario e que se chama ‘A Fórmula Perfecta’, unha mestura de música dos anos 80, 90 e dos 40 cun impresionante desplegue de luz e son nun escenario que supera os 160 m² .
Máis de 6.500 socios do Oficial Club de Fans confirman a ‘La Fórmula’, nacida en León no 2015, como unha das orquestras de referencia de todo o país, figurando entre as máis demandas do noroeste peninsular e agora en Nigrán.