Free Porn
xbporn
Home Pontevedra A Paradanta Xornada formativa sobre a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica

Xornada formativa sobre a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica

- Anuncio -

Terá lugar mañá mércores día 23 ás 12:00 horas no auditorio municipal

O Concello de Covelo informa da xornada informativa sobre Enfermidade Hermorráxica Epizoótica (EHE) que terá lugar mañá mércores día 23 ás 12:00 horas no auditorio municipal.

Co obxectivo de informar ao sector gandeiro e previr futuras incidencias da enfermidade no gando local, o Concello en colaboración coa Consellería de Medio Rural ofrecerá unha charla na que a Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) informará das vacinas e métodos de prevención e do protocolo de intervención.

A xornada é totalmente de balde e o Concello convida a asistir tanto a gandeiros como a pequenos propietarios de gando para xuntos evitar un mal que noutras comarcas de Galicia está provocando importantes danos.

Unha das maiores dificultades da enfermidade é o seu diagnóstico, xa que á marxe dos síntomas máis característicos, como a inflamación da lingua, a salivación excesiva, os ollos avermellados e llorosos ou as diarreas con sangue; está a detectarse un amplo abanico de síntomas que terminan sendo derivados de que o animal está contaxiado.

Tanto gandeiros como veterinarios están a comprobar que, mesmo nos casos máis leves, cando os animais ven afectados non chegan a recuperar os índices de produción e por tanto, espérase que moitas destas vacas terminen por ser sacrificadas nos próximos meses.

Ademais, a enfermidade tamén está a deixar un reguero de abortos nas ganderías ou complicacións nos partos.

Relacionadas

Os concellos de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade organizan conxuntamente o “II Trail do Cervo”...

0
Realizarase en colaboración coa Asociación O Eido do Cervo sobre dous trazados: un de 34 quilómetros, á Conla e outro de 18, ao Maneses. Os...

O Museo Manuel Torres renova o sistema para colgar as obras e mellorar a...

0
A inversión, que ascendeu a 10.000 euros, procedeu dunha subvención da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades O Concello de Marín solicitou unha...

O Concello traballa en atopar financiación para os proxectos de saneamento e abastecemento de...

0
Entre ambas actuacións, precísase unha inversión de 1 millón de euros para dotar a 34 vivendas destes servizos básicos. Desde o Concello, aseguran que...

Sesión formativa gratuíta enmarcada no proxecto Alzheimer de Preto

0
O Concello de Mondariz informa que o venres 25 de outubro, de 16-20h., AFAMO (Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer do Morrazo) vai...

Luis López anuncia unha suba do 40%, ata os 350.000€, das axudas a confrarías...

0
O presidente provincial adianta este acordo nun encontro coa Federación Provincial de Confrarías para asinar convenio de colaboración para a prevención de riscos laborais O...

A Deputación pon á disposición dos concellos da provincia os 8 millóns de euros...

0
As bases da convocatoria publicáronse este martes no Boletín Oficial da Provincia e os concellos beneficiarios teñen un prazo de 3 meses a partir...

Publicacións Relacionadas