Acuña denuncia a falta de respostas do Concello #ante a petición veciñal de instalar valos de protección para mellorar a seguridade viaria nun punto crítico das estradas da parroquia
Os populares, encabezados por Rafa Domínguez, esixen a rehabilitación do lavadoiro sobre o río Pintos, en risco de derrube desde 2020
O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra Iago Acuña denunciou a falta de servizos mínimos que padecen os veciños da parroquia de Marcón por parte do Goberno local, tras visitar varias zonas xunto ao portavoz municipal da formación, Rafa Domínguez, os edís Silvia Junco e Martín Martínez, e varios representantes veciñais.
O PP pontevedrés puido comprobar a ausencia de respostas ás demandas veciñais do lugar de Vilafranca, onde os veciños demandan actuar nun punto crítico das estradas que supón un risco para a seguridade viaria. “Os veciños levan tempo reclamando a instalación de dous valos de protección nun punto da estrada para evitar posibles caídas ao baleiro, tanto de vehículos como de peóns que transitan diariamente por alí. Con todo, o único que fixo o BNG é facer caso omiso ás súas peticións”, criticou Acuña.
Ademais, o lavadoiro situado sobre o río Pintos presenta un estado de abandono alarmante. Desde 2020, o seu tellado mostra signos evidentes de deterioración, con risco de derrube, sen que se levou a cabo ningunha intervención por parte do Concello para a súa rehabilitación e conservación.
“É inadmisible que, tras anos de peticións, o Goberno de Lores siga ignorando as lexítimas demandas dos veciños de Marcón”, declarou Acuña antes de sinalar que “desde o PP seguiremos alzando a voz para que a seguridade e o patrimonio das nosas parroquias non sigan sendo relegadas ao esquecemento”.