O domingo 28 de setembro todas aquelas persoas que queiran visitar o museo poderán facelo de forma gratuíta previa inscrición.
O domingo 28 de setembro celebramos e o Día Internacional dos Museos e con motivo de tal celebración o Concello de Salvaterra de Miño organiza unha xornada de portas abertas para descubrir o Museo da Ciencia do Viño ubicado no recinto amurallado.
De xeito gratuíto e por grupos os visitantes descubrirán este espazo de características únicas en España, un espazo de divulgación da viticultura e enoloxía altamente interactivo, didáctico e idóneo para o desfrute de toda a familia.
O horario de visita será de 11:00 A 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas e para inscribirse é preciso porse en contacto co museo a través do seguinte formulario
https://forms.gle/2KvujwAbqnjKynFd9

