HomeVigoBaionaSons do Casco prensenta en primicia "Bailemos como locos" novo tema de...

Sons do Casco prensenta en primicia “Bailemos como locos” novo tema de Álari

- Anuncio -spot_img

O tema “Bailemos como locos” será o primeiro single do seu novo álbum “La música sana el alma”

Alejandro Alario alcumado (Álari) é un cantante Uruguaio cuxa traxectoria musical deixou pegada en distintos recunchos do mundo. A súa carreira comezou de maneira destacada ao formar parte do exitoso grupo Chocolate, famoso polo hit internacional “Maionesa”, unha canción que se converteu nun clásico da música latina presentándose en escenarios de gran talla como o Festival de Viña do mar (Chile) ou o Festival da rúa 8 en Miami (Estados unidos) entre tantos outros, percorrendo máis de 15 países coas súas xiras.

Seguidamente, inicio a súa carreira como solista en Paraguai, onde presentou o seu sinxelo “Dulce en mi café”, gañándose o agarimo do público local. Máis adiante, a súa música levouno a (ESPAÑA), especificamente a (GALICIA), onde lanzou o tema “Te puedo decir”, consolidando a súa proposta como artista independente.

Co seu estilo auténtico, Álari continúa escribindo a súa historia na música agora como solista, sempre fiel á súa paixón e á súa conexión co público traballando con versións e cancións propias, sempre con ganas de traballar valorando presente e futuro.

Desde o Concello de Baiona animamos a todos os veciños e visitantes a gozar desta actuación en exclusiva que reforza as actuacións do festival urbano que se celebra na nosa vila.

Publicacións Relacionadas