Home Pontevedra A Paradanta Xornadas gratuitas sobre o castiñeiro en Arbo

Xornadas gratuitas sobre o castiñeiro en Arbo

- Anuncio -
  • As xornadas son de 1 dia de duración,  en horario de 10:00 a 14:00 horas no Salón de Conferencias do Museo Arabo, os días 24 de maio e 9 de xuño e  a temática será a planificación para plantación de castiñeiros e Pragas e doenzas do castiñeiro.
  • O persoal técnico do Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós será o encargado de impartir as xornadas de formación

O Concello de Arbo, en colaboración Concello de Riós, a Consellería de Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, e a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), organizan xornadas gratuitas sobre o castiñeiro en Arbo.

As xornadas gratuitas, son de 1 dia de duración,  en horario de 10:00 a 14:00 horas no Salón de Conferencias do Museo Arabo, os días 24 de maio e 9 de xuño e  a temática será a planificación para plantación de castiñeiros e Pragas e doenzas do castiñeiro.

Estes cursos están dirixidos a produtores en activo, persoas que pretendan iniciar unha actividade agraria, desempregados na busca dunha incorporación ao mercado laboral por conta allea en empresas do sector primario, comunidades de montes e aqueles veciños e veciñas que queiran saber máis sobre o castiñeiro e o seu cultivo e coidado.

 Na xornada do 24 de maio,   explicarase a elección do sitio da plantación: – Orientacións recomendadas – As zonas climáticas do castiñeiro – Tipos de solos aconsellables para a plantación de castiñeiro segundo a súa textura, estrutura e propiedades químicas. – Limitacións do terreo (Pendente e altitude), a preparación do solo: – 1º Fase: Rozas – 2º Fase: Laboreo, o espazamento dos castiñeiros segundo as condicións específicas do terreo. – 4º A realización de furados segundo o tipo de terreo e a plantacion:  Ideas básicas para plantación de castiñeiro – As variedades e os seus polinizadores – Abonado inicial

A xornada do 9 de xuño, xira en torno ao coidado dos castiñeiros: Doenzas e pragas.

Para máis información e inscrición deberán achegarse as oficinas municipais do Concello de Arbo, no telefono 986 66 50 00 ou no enderezo electrónico oficinas.concellodearbo@gmail.com 

Relacionadas

Derraeiros días para presentarse ao Concurso de Carteis ‘Nigranjazz-Quin Alborés’ do concello de Nigrán,...

0
O prazo de presentación de propostas remata o martes 30 de Abril, 'Día Internacional do Jazz'. O festival celebra a súa maioría de idade...

O Porriño acolle este domingo unha nova edición da Feira de Abril

0
• Será a partir das 18 h no parque do Cristo e os encargados de amenizar a xornada serán os grupos Andalu-sí e Pasión...

A Deputación aproba as bases das axudas para financiar o equipamento de locais municipais...

0
O programa “O teu espazo xuvenil”, que foi presentado a comezos desta semana en Barro, está destinado aos concellos de menos de 20.000 habitantes,...

A liga Nacional Surfing Kids chega á Praia de Patos

0
Este próximo sábado 27 celébrase próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba está organizada pola...

A Deputación inaugura no CEIP de Soutelo de Montes, en Forcarei, a exposición “Achegas...

0
A mostra, enmarcada nun proxecto conxunto co Campus do Mar da Universidade de Vigo, pon en valor o papel das mulleres no uso responsable...

Segunda Edición do Tardeo, actividades diversas para a mocidade

0
Para os meses de maio e xuño sae á rúa a segunda edición do programa Tardeo unha acción que, coordinada pola OMIX do Concello...

Publicacións Relacionadas