Home Xunta de Galicia A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do protocolo entre a AGASP e o Sindicato Unificado de Policía

- Anuncio -

― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro actividades programadas para os meses de maio e xuño

― O prazo de inscrición ábrese mañá e prolóngase ata 20 días naturais antes do inicio de cada sesión

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de catro cursos cun total de 184 prazas para persoal das forzas e corpos de seguridade que traballan en Galicia. As accións formativas desenvolveranse neste primeiro semestre ao abeiro do protocolo de colaboración entre a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) e o Sindicato Unificado de Polícia (SUP).

A primeira das sesións celebrarase o vindeiro 21 de maio e consta de 8 horas presenciais e 40 prazas para abordar a xestión de conflitos a través da mediación policial. Tamén de 40 prazas e presencial é o curso de intervención policial de 15 horas previsto para os días 4 e 5 de xuño. Nas xornadas do 6 e 7 de xuño a academia acollerá unha actividade de 15 horas para 24 persoas sobre tiro policial e de control de hemorraxias. Por último, o 18 de xuño impartirase, xa en liña a través da plataforma de teleformación da Agasp, un curso de comunicación de malas novas de 6 horas e con 80 prazas dispoñibles.

As prazas repartiranse en condicións de igualdade entre o persoal da Policía Local, Policía Autonómica, Policía Nacional e Garda Civil, cun 50% delas reservadas para persoal afiliado ao SUP.

As persoas interesadas en participar deberán cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na web da Agasp. O prazo ábrese mañá e prolongarase ata 20 días naturais antes do inicio de cada curso e ata as 14,00 horas do día que corresponda.

As accións formativas convocadas forman parte da programación prevista pola Academia Galega de Seguridade Pública para este ano no eido da seguridade pública.

Relacionadas

Román Rodríguez presenta o proxecto de reforma do Colexio CEIP Froebel cun investimento de...

0
O conselleiro de Educación destaca que se trata dun compromiso cumprido ca cidade do Lérez, ademais dunha actuación moi agardada pola comunidade educativaIntentarase realizar...

Rueda reúnese co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires co animo...

0
— Destaca que “as relacións coas autoridades locais e nacionais aquí na Arxentina son fundamentais” para seguir obtendo máis seguridade e facilidades para seguir...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Román Rodríguez, gaba o esforzo do profesorado que este curso participa en máis de...

0
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP inaugura os primeiros obradoiros de Mellora da Competencia Comunicativa na aula O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades...

Publicacións Relacionadas