Home Pontevedra Baixo Miño Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para a limpeza de fincas

- Anuncio -

No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación

O Concello ten un programa único na comarca, ‘Rodéate de vida’, co que xa se repartiron máis de 4.400 árbores autóctonas para crear barreiras naturais contra o lume

O Concello de Tomiño redobra os seus esforzos na loita continua contra os incendios forestais, unha ameaza constante na contorna forestal máis urbana e máis próxima aos núcleos habitados. Co obxectivo de garantir a seguridade e a preservación dos espazos naturais, o Concello tramitou no 2023 un total de 174 denuncias, 48 delas de oficio, e abriu 497 expedientes por incumprimento das labores de xestión da biomasa. Estes expedientes iniciáronse co envío dunha notificación ás propietarias e propietarios das parcelas afectadas para que efectuaran os labores de limpeza nas fincas correspondentes, labores de obrigado cumprimento segundo a lei de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais e a Ordenanza Municipal da Xestión da Biomasa.

“O noso compromiso coa protección do medio ambiente e a seguridade da nosa veciñanza é firme, porque os incendios forestais supoñen unha grave ameaza que non podemos ignorar, especialmente no actual escenario de cambio climático que estamos a vivir. Precisamos incidir en todas as medidas de prevención que teñamos na nosa man para reducir o risco dos lumes”, salientou a alcaldesa, Sandra González.

Para evitar que estas limpezas e deforestacións sexan masivas e sen control, o Concello ten en marcha un programa único na comarca, o ‘Rodéate de vida’, unha iniciativa coa que xa se repartiron máis de 4.400 plantas forestais autóctonas coas que repoboar as franxas secundarias e blindar o municipio ante posibles incendios forestais creando verdadeiros cortalumes naturais.

O ano pasado en cifras

Das 497 parcelas denunciadas durante o ano 2023, o Concello de Tomiño tramitou 444 expedientes, mentres que 38 foron desestimados (o 8%). De todos os expedientes tramitados, 46 parcelas son de titularidade descoñecida ou están en proceso de investigación, mentres que das que teñen propietarios ou propietarias identificados 76 non foron localizados. Neste caso, tras o envío de dúas notificacións ao dono ou dona sen obter resposta, publicouse o anuncio no Boletín Oficial do Estado. Ademais, ao longo do ano pasado procedeuse á execución subsidiaria de 10 parcelas con expedientes abertos en 2022, o que supuxo un custe de case 5.200 euros.

Tendo en conta os motivos das denuncias, o 54% destas 497 parcelas, un total de 266, foron denunciadas por non cumprir co artigo 7 da Ordenanza Municipal da Xestión da Biomasa. Por outro lado, 206 expedientes (41%) foron tramitados pola Lei de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais en Galicia e os 25 restantes (5%) por incumprimento das distancias no caso de camiños públicos.

Por parroquias, Tomiño é a que ten un maior número de expedientes abertos, cun total de 144, seguida de Currás (84), Amorín (61), Forcadela (50), Goián (36) e Barrantes (33). As parroquias cun menor número de expedientes son a de Piñeiro (2), Pinzás (4) e Tebra (6).

Dende o Concello faise un chamamento a toda a cidadanía a cumprir coa normativa e a consultar calquera dúbida ao respecto no departamento de Medio Ambiente, que ademais de xestionar as denuncias ten a disposición dos veciños e veciñas a información necesaria sobre os distintos regulamentos e obrigas de xestión de biomasa. “É fundamental que todas e todos contribuamos á prevención dos incendios forestais. Por iso apelamos á responsabilidade das e dos propietarios e á colaboración cidadá para garantir a protección e seguridade da nosa contorna natural”, recalcou a concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro.

Relacionadas

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Publicacións Relacionadas