Home Sin categoría Esceario e protagonista mosenses para o videoclip Tras os Montes que produce...

Esceario e protagonista mosenses para o videoclip Tras os Montes que produce Unai Martínez, veciño da parroquia de Tameiga

- Anuncio -

O mítico gaiteiro Pepe protagoniza a cinta que está a ser rodada nos exteriores do Pazo de Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Cultura, Sara Cebreiro, e a edil da parroquia de Tameiga, Feli Rodríguez, achegáronse esta tarde á gravación de Tras os montes, un videoclip ficcionado que fusiona a tradición co urbano no corazón de Mos e que está producido ademáis polo mosense Unai Martínez Campos, neto do mítico gaiteiro Pepe de Mos, protagonista ademáis do vídeo (ambos veciños da parroquia de Tameiga) xunto co rapeiro vigués Tesky.

A Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV) realiza durante a xornada de hoxe a rodaxe dun videoclip ficcionado titulado Tras os Montes no Pazo de Mos e exteriores da zona.

Unai Martínez Campos veciño de Mos é produtor xunto a Hugo Comojo do videoclip no que se mesturan as tradicións co estilo máis urbano.

Un dos protagonistas é o rapeiro Vigués Tesky, que acumula gran experiencia no seu campo, xunto co mítico gaiteiro Pepe de Mos a cargo das melodías. Xuntos daránlle voz e musicalidade a Tras Os Montes. Encargándose de facer posible esta mezcla entre ambos estilos e fusionándoos o Instituto Galego de Música Avanzada (IGMA), máis concretamente os alumnos lightskinhector e Youzzy. Compartindo a historia ficcionada dun mozo residente en Barcelona, obrigado a volver a Galicia para vivir co seu avó. Aínda que non lle apaixoe a idea, terá que superar estas barreiras ata amar todo o que engloba a cultura de Galicia e sobre todo ao seu avó.

Onte comezou a rodaxe que continúa hoxe 16 e mañá 17 de abril. Os alumnos de todos os ciclos da Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV) levan a cabo a rodaxe dun innovador videoclip nunha localización particular nunha casa de Mos durante a primeira xornada e hoxe e mércores no espectacular Pazo de Mos e os seus exteriores.

Co obxectivo de capturar a auténtica esencia da cultura galega e presentala dunha maneira fresca e moderna, este proxecto cinematográfico promete ser unha celebración única da identidade cultural de Galicia. Tras os Montes será a fusión de elementos tradicionais co dinamismo do estilo urbano e ofrecerá unha experiencia visualmente impactante que conectará con audiencias de todas as idades e orixes. Por iso, unha parte esencial deste proxecto é a participación do público xeral como parte da figuración. Por elo calquera persoa interesada en formar parte desta emocionante experiencia pode achegarse e unirse á rodaxe no Pazo de Mos.

O obxectivo final desta iniciativa é promover a cultura galega tanto a nivel rexional como nacional.

Relacionadas

María Fernández Sandoica presenta o seu poemario na Pobra

0
María Fernández Sandoica presenta na Pobra do Caramiñal o seu poemario Todo lo que no confundimos por amor. O acto terá lugar no 3...

Salcedo, nova parada no roteiro de Domínguez polas parroquias de Pontevedra

0
• O líder da oposición visita a execución das obras do novo campo de fútbol, a restauración da igrexa parroquial e os problemas de...

A Xunta reafirma o compromiso coa loita contra o narcotráfico a través do Servizo...

0
Este servizo permite axilizar a actividade das unidades xudiciais encargadas destes asuntos, reducir os custos do depósito e xestión dos activos comisados e fomentar...

Mos desenvolve un proxecto senlleiro para a posta en valor da Aldea Alfacuca

0
Forma parte do programa CoidaMOS da concellería de Medio Ambiente mosense A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente mosense, Laura...

O Orzamento municipal non recibe alegacións e aprobarase definitivamente

0
O proxecto orzamentario ascende a 16,3 millóns de euros, o que supón un incremento de cerca dun millón de euros máis ca no 2023 O...

O CEIP da Lama celebra o “Día do Libro” co I Encontro Escolar “Letras...

0
O Concello colabora coa organización e estará presente cun stand da Biblioteca, a OMIX e Radio Nova. Haberá actividades de animación á lectura, xogos, contacontos...

Publicacións Relacionadas