Home Sin categoría O CEIP da Lama celebra o “Día do Libro” co I Encontro...

O CEIP da Lama celebra o “Día do Libro” co I Encontro Escolar “Letras na Praza” no que participarán centros educativos de Fornelos de Montes, Carballedo (Cerdedo-Cotobade) e A Lama

- Anuncio -

O Concello colabora coa organización e estará presente cun stand da Biblioteca, a OMIX e Radio Nova.

Haberá actividades de animación á lectura, xogos, contacontos e a actuación de Cé Orquestra Pantasma

O CEIP da Lama conmemora o “Día do Libro” organizando o I Encontro Escolar “Letras na Praza”, que terá lugar o vindeiro mércores 24 de abril na Alameda da Lama e no que participarán uns 250 estudiantes de Infantil e Primaria dos colexios de Fornelos de Montes, Carballedo (Cerdedo-Cotobade) e A Lama así como os seus mestres e mestras e as familias convidadas. Tamén terá un papel destacado os membros da ANPA Cal do Vergazo que prestarán o seu apoio loxístico para contribuir ao éxito deste encontro escolar e cultural.

Esta iniciativa, impulsada polo equipo docente do CEIP da Lama, que dirixe Rafael Sánchez-Agustino, conta coa colaboración do Concello da Lama e pretende ser unha actividade participativa onde toda a comunidade escolar sexa protagonista do evento de animación á lectura a través da colocación de stands de intercambio de libros, contacontos, espazos para a creatividade, a Biblioteca Municipal, OMIX e Radio Nova, entre outros.

Ás 10:30 horas da mañá está prevista a recepción dos participantes que chegarán en autobús ás inmediacións da Alameda da Lama e serán recibidos polo equipo docente e organizador deste evento dándolles paso ao recinto da praza pública pechada onde vai ter lugar a actividade.

O alumnado disporá de diferentes stands con actividades de lecer e animación á lectura. Así no “Troca que troca” os participantes poderán deixar o seu libro que será canxeado por un vale que poderán empregar para conseguir un novo libro para amplir a súa biblioteca particular.

No stand de “Cóntoche un conto” os nenos e nenas poderán mergullarse nunha viaxe imaxinativa a través das páxinas de “Un libro”, de Hervé Tullet, onde o alumnado de 4º curso de Primaria ofrecerá un emocionante contacontos que van querer escoitar máis veces.

A seguir estará o stand “Escornamos!” para aqueles nenos e nenas aos que lle gusten os desafío e a Literatura. Nesta aventura literaria os participantes contarán cos “Escornabots”, uns robots feitos no CEIP da Lama que actuarán como aliados dos rapaces e rapazas nesta actividade.

A estimulación da creatividade dos nenos e nenas tamén estará moi presente na Praza das Letras co stand “Ti que les?” onde os cativos poderán escribir e decorar os seus libros favoritos con ilustracións que poderán colorear ao seu gusto. Ademais poderán explorar o seu lado máis artístico en “Aquí quedaches!” onde transformando simples follas en obras de arte personalizadas facilitarase tamén a interacción con nenos e nenas doutros centros educativos promovendo a socialización dos asistentes.

Outros elementos de interese estarán nos stands “Damos a chapa” onde cada neno poderá levarse unha chapa personalizada e deseñada por eles mesmos ou coñecer o funcionamento dunha impresora 3D para facer chaveiros orixinais.

O stand da librería ambulante da “Tía Ni” e o da Biblioteca, OMIX da Lama e Radio Nova, que fará un programa en directo desde a Praza das Letras, completan a oferta lúdica e formativa con que o CEIP da Lama pretende estimular entre os cativos o interese pola lectura ao tempo que se promoven encontros intercentros escolares da comarca do Verdugo-Oitavén.

Relacionadas

O PP de Culleredo denuncia o abandono total do comercio local das rúas peonís...

0
∙ Veciños e comerciantes levan anos avisando da progresiva deterioración desta zona, que no seu día albergaba os mellores comercios e locais de hostalería...

As Somozas ofrece un vehículo para servizos sociais

0
● O novo transporte adquirido, subvencionado pola Deputación da Coruña, ten unha capacidade máxima para cinco ocupantes e poderá ser empregado polo persoal auxiliar...

O BNG traslada a Comisión de Urbanismo as queixas do deterioro do parque de...

0
O BNG de Poio trasladou esta mañá na Comisión de Urbanismo as queixas da veciñanza da zona de Ankar en San Salvador, xa que...

Ambar abre as inscricións para a 10ª Carreira pola Diversidade

0
A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional xa ten abertas as inscricións da 10ª Carreira pola Diversidade. A Carreira terá lugar o domingo...

A Deputación abre o prazo para solicitar a doazón de especies vexetais de Areeiro...

0
Os concellos e colectivos interesados poden efectuar desde maña, 9 de maio, ata o 30 de novembro, as súas peticións e elixir entre máis...

Máis de 1.500 persoas participarán este domingo na Baixada Popular de Cross de San...

0
Os dorsais para participar no circuíto poderán recollerse o sábado e domingo antes da saída, no Centro Cívico de Visma Dende as 7.00 ate as...

Publicacións Relacionadas