Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López traslada ao alcalde de Vilanova que a Deputación ultima o...

Luis López traslada ao alcalde de Vilanova que a Deputación ultima o proxecto da primeira fase da construción da senda peonil entre Baión e András

- Anuncio -

O presidente provincial, acompañado polo deputado Javier Tourís, mantivo unha reunión co rexedor vilanovés para abordar asuntos de interese mutuo para as dúas institucións

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, avanzou no compromiso do goberno provincial de construír unha senda peonil entre as localidades vilanovesas de Baión e András, na marxe da estrada EP-9701, e atender deste xeito unha demanda histórica da veciñanza deste Concello. Fíxoo durante un encontro de traballo co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, ao que recibiu no seu despacho do Pazo provincial, acompañado polo deputado Javier Tourís, para avaliar a situación actual da primeira fase deste proxecto, abordar outros asuntos de interese mutuo e reforzar as vías de cooperación entre ambas as administracións.

Despois da visita do mandatario provincial ao Concello de Vilanova de Arousa no pasado mes de outubro no que puxeron sobre a mesa a construción deste itinerario peonil, os dous dirixentes deron un novo paso adiante para a execución da obra. O proxecto, valorado en case un millón de euros, xa está redactado e nas vindeiras semanas ambas as administracións asinarán un convenio para fixar os termos para a súa execución.

Os traballos centraranse na creación dun itinerario peonil de 570 metros na estrada provincial EP-9701 entre Baión e András. Un treito que ten problemas de seguridade viaria ao presentar beiravías de dimensións reducidas e carecer de beirarrúas. Con esta actuación mellorarase de xeito significativo a conexión entre os dous núcleos, fomentarase a mobilidade peonil e reducirase o risco de accidente na contorna do colexio, a gardería, o centro de saúde e os núcleos poboacionais. Un obxectivo que se acadará coa ampliación do trazado, a nova pavimentación do firme e a renovación dos servizos, a creación dunha plataforma compartida na parte final da senda, a instalación de redutores de velocidade, a mellora da entrada peonil desde a estrada á gardería, a optimización das actuais paradas de autobuses e a mellora do cruzamento coa estrada autonómica PO-531.

Ademais de analizar a situación actual da primeira fase deste proxecto de mellora integral da seguridade viaria na EP-9701, López e Durán abordaron tamén outros proxectos froito da colaboración entre ambas as administración como estrada das Sinas e Ousensa.

Do mesmo xeito, o presidente da Deputación reiterou o compromiso de colaborar cos concellos en todo o que sexa posible e recordou programas provinciais de cooperación cos municipios que xa están en marcha como o +Provincia ou os de apoio ao tecido asociativo como o +Aqua ou o Plan Provincia Comunitaria.

Relacionadas

O BNG reclama a Caballero non perpetrar a privatización da conserxaría dos colexios públicos...

0
A fronte nacionalista alerta da pretensión do Goberno local de aprobar este vindeiro luns a adxudicación do contrato a pesar da oposición da comunidade...

Luisa Sánchez asiste ao adestramento final da temporada do Amfiv e pon en valor...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta mañá ao adestramento final da temporada do Amfiv no Pavillón de Deportes do Berbés...

Os empresarios súmanse á fronte común de Domínguez para que a AP-9, entre Pontevedra...

0
• Domínguez: “Espero que consigamos o apoio unánime da corporación á nosa moción para achegar Pontevedra e O Salnés, reforzar a competitividade das empresas...

Obradoiros, teatro e música para fomentar o uso da lingua en Tomiño no Día...

0
 Este 17 de maio o Concello organiza unha morea de actividades de 10 a 14 horas nos soportais da Praza do Seixo A programación completarase...

O próximo luns, día da Virxe do Mar, festivo local en Oia

0
O próximo luns 20 de maio será un dos dous días elixidos pola Corporación Municipal como festivo local para este 2024. A data correspóndese...

A Deputación aconsella renovar o antes posible a protección contra o mildio e o...

0
O persoal de Areeiro detectou a aparición de abundantes manchas novas de mildio e as primeiras zonas de avances en manchas antigas con tecido...

Publicacións Relacionadas