Home Pontevedra O BNG reclama a Caballero non perpetrar a privatización da conserxaría dos...

O BNG reclama a Caballero non perpetrar a privatización da conserxaría dos colexios públicos de Vigo

- Anuncio -

A fronte nacionalista alerta da pretensión do Goberno local de aprobar este vindeiro luns a adxudicación do contrato a pesar da oposición da comunidade educativa

Pide suspender a licitación e convocar de maneira urxente á Asociación de Directores dos Colexios Públicos, a Foanpas e ás organizacións sindicais para abordar unha solución

Xabier P. Igrexas: “Non podemos aceptar que se impoña a precariedade total nun servizo absolutamente esencial para o correcto funcionamento dos centros públicos da cidade”

O Bloque Nacionalista Galego reclama o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que non perpetre a privatización da conserxaría dos colexios públicos. A fronte nacionalista fai esta reclamación diante da pretensión do Goberno local de aprobar este vindeiro luns 20 de maio a adxudicación do contrato, a pesar da ampla oposición dende a propia comunidade educativa.

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, chamou por ese motivo a suspender a licitación e retirar da Xunta de Goberno local este punto da orde do día. Urxiu nese sentido a convocar de forma urxente á Asociación de Directores dos Colexios Públicos, á Federación olívica de asociacións de nais e pais do alumnado de Vigo (Foanpas) e ás organizacións sindicais para abordar unha solución que evite a privatización do servizo.

Igrexas advertiu de que esta licitación non vai garantir que os centros públicos da cidade conten con persoal de portaría e vixilancia durante toda a xornada lectiva, como se desprende do propio prego. Así, a bolsa total de 32.250 horas ofertas equivale, repartidas entre os 49 colexios, a menos de 90 xornadas completas por ano en cada centro, apenas un trimestre escolar. Aliás, reclamou aclarar que vai suceder co persoal municipal que a día de hoxe presta esta función, ante o risco de que sexan trasladados a outros servizos.

“Non podemos aceptar que o mesmo Goberno que pola súa incapacidade na xestión provocou que neste curso 28 dos 49 colexios públicos non dispuxesen de persoal de conserxaría, agora o que pretenda é impoñer a precariedade total nun servizo absolutamente esencial para o correcto funcionamento dos centros”, defendeu o portavoz nacionalista, quen considerou “incomprensíbel” que se pretenda privatizar o servizo cando o Concello ten pendente de executar preto de 400 prazas de persoal municipal e ten por elaborar a Oferta Pública de Emprego correspondente a este ano 2024.

Relacionadas

O concello de Salvaterra de Miño organizaun ano máis un curso de defensa persoal...

0
O Concello de Salvaterra de Miño organiza para o mes de marzo un curso de defensa  persoal para mulleres. A finalidade é a apredizaxe...

A vicepresidenta Luisa Sánchez clausura na sede da Deputación en Vigo o III Torneo...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou esta tarde na Sede da Deputación en Vigo o III Torneo Nacional de Debate. Sánchez...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado no Teatro Salesianos á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel, que celebrou esta...

15 maiores reciben atención nun proxecto pioneiro en Parderrubias

0
O Concello achegou parte dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para este proxecto               A xefa da unidade contra a...

O BNG levará ao Parlamento unha iniciativa para que a Xunta regule as plantacións...

0
Os deputados nacionalistas Brais Ruanova, Sonia Vidal e Ariadna Fernández  reuníronse coa Asociación de Veciños de Carregal para coñecer as súas inquedanzas sobre as...

O departamento de Infraestruturas e Sostibilidade denuncia actos vandálicos contra a iluminación pública e...

0
- Nos últimos días rexistráronse varios casos de roturas en lámpadas de farois causadas por disparos de escopetas de aire comprimido na avenida de...

Publicacións Relacionadas