Home Sin categoría Mos desenvolve un proxecto senlleiro para a posta en valor da Aldea...

Mos desenvolve un proxecto senlleiro para a posta en valor da Aldea Alfacuca

- Anuncio -

Forma parte do programa CoidaMOS da concellería de Medio Ambiente mosense

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente mosense, Laura Méndez, informaron hoxe de que o Concello ten rematada a redacción dun proxecto de posta en valor da Aldea Alfacuca en Louredo, que forma parte do plan municipal CoidaMOS e será levado a cabo co apoio autonómico da Consellería do Medio Rural, concretamente no marco do Programa de Proxectos Senlleiros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

O obxecto deste proxecto é o de acondicionamento dun espazo público como é Alfacuca para uso formativo e de lecer de cara á promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da zona. Para elo asinarase un convenio entre a administración local mosense e AGADER.

Segundo explicaron as representantes municipais Arévalo e Méndez Senlle, os obxectivos desta iniciativa son “a preservación dos valores sociais e culturais do medio rural, a potenciación de elementos que recuperen ou manteñan a historia e a memoria da comarca, a mellora da relación social dos veciños, a revalorización de infraestruturas e inmobles desaproveitados, e o fortalecemento do orgullo e satisfacción de pertenza á comunidade rural beneficiaria do proxecto”.

Para elo realizaranse unha serie de actuacións tales como traballos de limpeza e desbroce do terreo: roza e limpeza superficial do monte baixo incluíndo os arbustos. Nos camiños e cunetas existentes, limpeza do pavimento pétreo mediante a aplicación sobre a superficie de lanza de auga a presión para eliminar os musgos, limpeza de cunetas e desatasco de sumidoiros exteriores. Mellora do acceso ás plataformas do invernadoiro e horta. Pavimento de saburra natural granítica con bordos pétreos para xerar os novos camiños e reparación dos existentes. Mellora de accesibilidade dada a grande pendente da rampla, transformación do primeiro tramo mediante a construción dunha escaleira de madeira de piñeiro. No tramo superior da mesma colocaranse sobre a pedra listóns de madeira. Delimitación da zona da parcela onde se desenvolverán as actividades: utilizaranse postes de madeira de piñeiro tratada para exterior colocados a unha distancia que permitan a seguridade e manteña una estética na parte baixa da parcela. Nas zonas perimetrais coas zonas forestais utilizaranse valados cinexéticos de 2m de altura formadas por malla metálica anudada, soportada por postes de madeira de piñeiro-país tratada para exterior.

Tamén se acometerá o acondicionado interior e exterior das edificacións existentes: o grado de acabado e conservación das edificacións actuais é distinto en función da posición das mesmas. As edificacións con acabado exterior de madeira precisan tratamento da madeira, que se atopa en estado de deterioro, sobre todo as fachadas máis expostas ao sur e ao oeste. Substituiranse os elementos danados e farase una consolidación xeral comprendendo: lixado das zonas deterioradas, tapado de fendas, gretas e buratos, aplicación de aceites vexetais, ou ceras naturais. Porase en servizo o edificio dos aseos e farase a instalación completa de abastecemento, saneamento e electricidade do edificio con das duchas e vestiarios.

Para todo elo farase un investimento total de 97.841,45 €.

Relacionadas

O Mapa de emprendemento suma en dúas semanas 145 entidades rexistradas relacionadas co impulso...

0
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración aspira a facilitar, con este novo espazo web, o desenvolvemento de novas actividades empresariais, reunindo todos os...

María Fernández Sandoica presenta o seu poemario na Pobra

0
María Fernández Sandoica presenta na Pobra do Caramiñal o seu poemario Todo lo que no confundimos por amor. O acto terá lugar no 3...

Salcedo, nova parada no roteiro de Domínguez polas parroquias de Pontevedra

0
• O líder da oposición visita a execución das obras do novo campo de fútbol, a restauración da igrexa parroquial e os problemas de...

A Xunta reafirma o compromiso coa loita contra o narcotráfico a través do Servizo...

0
Este servizo permite axilizar a actividade das unidades xudiciais encargadas destes asuntos, reducir os custos do depósito e xestión dos activos comisados e fomentar...

O Orzamento municipal non recibe alegacións e aprobarase definitivamente

0
O proxecto orzamentario ascende a 16,3 millóns de euros, o que supón un incremento de cerca dun millón de euros máis ca no 2023 O...

O CEIP da Lama celebra o “Día do Libro” co I Encontro Escolar “Letras...

0
O Concello colabora coa organización e estará presente cun stand da Biblioteca, a OMIX e Radio Nova. Haberá actividades de animación á lectura, xogos, contacontos...

Publicacións Relacionadas