Home A Coruña O BNG propón a circunvalación da Laxe para solucionar os problemas veciñais...

O BNG propón a circunvalación da Laxe para solucionar os problemas veciñais de convivencia co tráfico rodado

- Anuncio -

O acceso á Terceira Rolda aumenta o tráfico e dificulta o paso, mesmo o peonil, nun rueiro de zonas estreitas

O PXOM leva máis de 10 anos en pausa mais a veciñanza segue precisando de solucións na súa vida cotiá

A veciñanza da Laxe soporta o tráfico continuo de vehículos que circulan cara a ou desde a Terceira Rolda coruñesa. O rueiro que atravesa o núcleo ten curvas e estreiteces propias dunha poboación histórica e tradicional, no que as casas se construíron unhas á beira das outras deixando o mínimo espazo. Existen semáforos para regular o paso de vehículos, pero moitos deles son de grandes dimensións, o ruido é incesante, e o espazo peonil é practicamente inexistente.

O BNG de Culleredo propón e insiste na necesidade de reorganizar o tráfico rodado, a través da creación dunha estrada de circunvalación, para mellorar a calidade de vida da veciñanza e tamén as condicións de tránsito. É por iso que demanda unha modificación no PXOU vixente (de 1987) para a construción do novo vial, así como prever unha partida para a súa execución no novo orzamento municipal. A Laxe é un núcleo de características rurais que soporta un tráfico de vehículos con cifras urbanas que goza de prioridade absoluta.

A construción da circunvalación para A Laxe xa estaba prevista no PXOM inicialmente aprobado en 2013, polo que se trata de reutilizar o traballo dese documento, que o goberno municipal non quere impulsar para a súa aprobación definitiva. Por outra banda, o trazado paralelo ao futuro Vial 18 que propuxo Rioboo necesita estudo ambiental e anteproxecto previo diferenciado, tal e como indica o Ministerio de Medio Ambiente na resposta ás alegacións da vecilanza recibidas estes días, o que o convirte nunha entelequia de incerta realización, polo que a proposta do BNG preséntase como a alternativa máis viable.

A falta de aprobación definitiva do PXOM é so a punta do iceberg da paralise do goberno municipal, que non parece servir á súa cidadanía.

Relacionadas

Belén do Campo destaca a aposta de 20 particulares e dous concellos da comarca...

0
A delegada territorial da Xunta, o director do Instituto de Estudos do Territorio de Galicia e o alcalde visitaron a reitoral de Ameixenda e...

A Pobra, primeira parada da mostra do XVIII Certame Isaac Díaz Pardo

0
As paredes da casa da cultura Raquel Fernández Soler acollen unha nova exposición. Videocreación, instalacións audiovisuais, fotografía ou gravado son algunhas das diferentes expresións...

O Concello de Brión consegue melloras na visibilidade dun paso de peóns en Lamiño...

0
O alcalde agradece que a Xunta dera resposta ás demandas trasladadas polo Concello en nome da veciñanza e instalara sinais de tráfico luminosas para...

A Pobra activa un obradoiro de conciliación para o día 20 de maio

0
Na senda de seguir a favorece-la compatibilización da vida persoal e laboral das familias, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal lanza un...

A Casa da Xuventude abrirá tódolos venres a partir do 24 de maio 

0
A casa da Xuventude abrirá o vindeiro venres 24 de maio para a prestación de espazos  a actividades e obradoiros; co propósito de satisfacer...

Un milleiro de nenos e nenas reivindican o uso do galego na XXIV edición...

0
O concelleiro Gonzalo Castro participou no acto que tivo lugar na contorna da Torre de Hércules O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da...

Publicacións Relacionadas