Home A Coruña O Concello de Brión consegue melloras na visibilidade dun paso de peóns...

O Concello de Brión consegue melloras na visibilidade dun paso de peóns en Lamiño moi usado polo alumnado do colexio e o instituto

- Anuncio -

O alcalde agradece que a Xunta dera resposta ás demandas trasladadas polo Concello en nome da veciñanza e instalara sinais de tráfico luminosas para aumentar a seguridade viaria na zona

O Concello de Brión vén de conseguir unha importante mellora na seguridade viaria do alumnado do IES Brión e o CEIP de Pedrouzos coa instalación de sendas sinais luminosas nun paso de peóns emprazado en Lamiño, concretamente na unión do ramal de saída da AG-56 Santiago-Brión coa estrada autonómica AC-541, a carón da rotonda. Un camiño moi utilizado pola veciñanza que acude ao Paseo do Rego Pego, ao parque canino e, sobre todo, polo alumnado que vive a menos de 2 quilómetros do instituto ou do colexio e que se desprazan camiñando aos centros educativos ao non ter dereito a transporte escolar.

O alcalde, Pablo Lago, explica que “tras varias chamadas, informes e escritos presentados polo Concello de Brión diante da Xunta de Galicia, finalmente vemos realizada unha mellora moi importante para a seguridade peonil dos nosos veciños e veciñas, especialmente dos moitos rapaces e rapazas que utilizan este camiño a diario para ir ao IES Brión ou ao CEIP de Pedrouzos”. Neste sentido, Lago Sanmartín agradece á Axencia Galega de Infraestruturas que procedera, primeiro, ao repintado das marcas viarias na zona e que esta semana rematara a actuación instalando dúas sinais luminosas de paso de peóns, para mellorar a visibilidade dos camiñantes por parte dos numerosos condutores que utilizan esta estrada, pois é a conexión de acceso e saída da autovía Santiago-Brión. “Unha situación que era especialmente preocupante tanto nas primeiras como nas últimas horas do día, polo que celebramos a medida adoptada pola Xunta”, puntualiza o alcalde brionés.

Meses de negociacións

O Concello de Brión dá así cumprimento a varias peticións presentadas tanto por particulares como pola Asociación de Nais e Pais do IES Brión, que en outubro de 2023 xa advertira dos problemas de seguridade en dous puntos do traxecto do alumnado cara o centro educativo. O Concello de Brión solucionou o primeiro deles, reparando o alumeado público á saída da Urbanización Hortensia e instalando tamén puntos de luz próximos ao paso de peóns, xa que non ten competencias para actuar sobre unha vía que é de titularidade autonómica.

A maiores, o Concello enviou de inmediato un Oficio da Alcaldía á Xunta de Galicia na que poñía no seu coñecemento a problemática e solicitaba a realización das melloras oportunas por parte da Axencia Galega de Infraestruturas, dentro das súas competencias e posibilidades. Un oficio que foi reforzado posteriormente con distintas chamadas e mesmo co envío dun informe por parte do Departamento de Urbanismo Municipal.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas