Home A Coruña A Pobra, primeira parada da mostra do XVIII Certame Isaac Díaz Pardo

A Pobra, primeira parada da mostra do XVIII Certame Isaac Díaz Pardo

- Anuncio -

As paredes da casa da cultura Raquel Fernández Soler acollen unha nova exposición. Videocreación, instalacións audiovisuais, fotografía ou gravado son algunhas das diferentes expresións artísticas que integran a mostra itinerante do XVIII Certame Isaac Díaz Pardo da Deputación da Coruña, que abre as súas portas neste 10 de maio ao abeiro da programación do Maio das Letras Galegas, impulsado pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, co toque musical a cargo de María Fernández Sandoica.

Unha escolma de dezasete pezas conforma esta mostra; entre elas, a obra gañadora, Erre Melón, de Berio Molina. Tamén se pode desfrutar do talento de Enrique Lista, Damián Ucieda Cortés, Juan López, Verónica Vicente, Rebeca Lar, María X. Fernández, Alejandra Pombo Su, Cillas Rodríguez Bernal, Juan Lesta, Ana Gesto, Andrés Dearca, Ana Pillado Vega, Héctor Francesch, Andrea Costas, Marco Costa Moreira e María Meijide.

“Temos na Pobra unha mostra multidisciplinar neste Maio das Letras Galegas; polifacético coma Luísa Villalta, homenaxeada neste ano, quen non só cultivou a súa faceta literaria, senón tamén a musical”, comezaba a súa intervención a concelleira da Cultura, Patricia Lojo. Engadiu que “nesta ocasión apostamos por traer á nosa localidade arte contemporánea que convida á reflexión e voces emerxentes que exploran a identidade galega dende diversas perspectivas.”

Nesta mesma liña tamén se pronunciou a deputada provincial da Lingua, Soledad Agra, quen destacou que moitas das finalistas deste certame son mulleres, “o cal demostra que a arte, a lingua, a poesía e a música tamén poden facerse dende concellos pequenos, en galego, para Galiza e para o mundo.”

Tamén participou a deputada provincial da Cultura, Natividade González, quen agradeceu a colaboración dos concellos para lles achega-las propostas culturais que promove a institución provincial ás salas de exposicións dos municipios, para desfrute dos veciños e veciñas. Este Certame Isaac Díaz Pardo circulará por nove concellos. Outros certames vencellados á arte que impulsa a Deputación, como o Luís Ksado de fotografía ou o Jesús Núñez de gravado, “teñen todos unha dobre finalidade: por un lado, a importancia destas persoas, que son uns referentes dentro da súa obra, tanto no ámbito nacional coma internacional, polo cal se trata dun recoñecemento; pero, sobre todo, trátase de poñer en valor todo o que están facendo creadores e creadoras no noso país”, precisou.

O alcalde, José Carlos Vidal, pechou a quenda de intervencións desexando que as persoas asistentes desfrutasen das obras; especialmente, o alumnado asistente do primeiro grao básico e ciclo medio do CPR Divino Maestro.

Pódense efectua-las visitas ata o día 28 de maio no horario das 11.00 ás 13.30 e das 17.00 ás 20.00 horas.

Outras das actividades que integran a axenda do Maio das Letras Galegas é a acción lúdica Marabillas de Galicia, de Barafunda Animación, dirixida a estudantado da primaria. Estaba prevista para o martes 14 polas rúas da vila, no horario das 10.00 ás 13.00 horas, pero, debido á previsión de chuvia, adíase ao martes 28.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas