Home A Coruña O Concello abre este mércores o prazo de solicitude das bolsas comedor...

O Concello abre este mércores o prazo de solicitude das bolsas comedor para o curso escolar 2024/2025

- Anuncio -

O prazo para pedir as axudas deste programa social finalizará o 8 de maio e conta cun orzamento de máis de dous millóns de euros

Mañá, mércores 17 de abril, o Concello abrirá o prazo para presentar as solicitudes de bolsas comedor para o vindeiro curso escolar. O programa, que conta cun orzamento de máis de dous millóns de euros, forma parte do compromiso do Goberno de Inés Rey coas familias da cidade que teñen máis dificultades económicas ou deben realizar un maior esforzo de conciliación.

A convocatoria diríxese ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña e matriculado en centros con 2.º ciclo de educación infantil, educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional e formación profesional básica.

A documentación para estas axudas poderase presentar no rexistro telemático da sede electrónica municipal ou de forma presencial nos rexistros de María Pita, Centro Sociocultural Ágora, Fórum Metropolitano, rúa da Franxa e no rexistro do Centro Cívico de Novo Mesoiro. Na web tamén se poden descargar os formularios para levar a cabo o proceso.

As persoas interesadas poden recibir máis información nos centros cívicos municipais, no teléfono de atención cidadá 010 é na web http://www.coruna.gal/servizossociais. Ademais realizaranse sesións informativas nos centros cívicos nas seguintes datas:
∙ 24 de abril, mércores, no Centro Cívico Os Mallos ás 18.00 horas.
∙ 25 de abril, xoves, no Centro Cívico Mesoiro ás 20.00 horas.
∙ 26 de abril, venres, no Centro Cívico Monte Alto ás 11.30 horas.

∙ 30 de abril, martes, no Centro Cívico San Diego ás 10.00 horas.

Relacionadas

Boqueixón acollerá do 27 ao 29 de xuño unha nova edición de Galiforest, a...

0
O alcalde de Boqueixón mantivo esta mañá unha reunión de coordinación do director xerente da Feira Internacional de Galicia Abanca O alcalde de Boqueixón, Ovidio...

Obradoiros e maxia nas bibliotecas de Dorneda e Lorbé para crianzas a partir de...

0
A programación das bibliotecas públicas municipais de Dorneda e Lorbé durante o mes de maio achega a maxia e as manualidades ás crianzas. O luns...

Aberta a inscrición para a Carreira Popular dos Rosales do próximo 2 de xuño

0
O prazo para participar rematará o vindeiro domingo 26 de maio O Concello da Coruña abre o prazo de inscrición na XI Carreira Popular Os...

Yolanda Castaño reivindica en San Sadurniño a creación feminina e a figura de Villalta

0
A poeta Yolanda Castaño trouxo esta mañá a San Sadurniño a charla "Muller, poeta, en galego... e polo mundo!", na que deu conta das...

Cambios nos asfaltados de Sol y Mar polas adversas condicións climatolóxicas

0
A causa das chuvias os traballos definitivos das obras de Sol y Mar correspondentes ás vías de servizo, glorieta, acceso ao túnel do lado...

Visita novo capitán da Garda Civil

0
Visita a San Sadurniño do novo xefe da 2ª Compañía da Garda Civil de Ferrol, o capitán Francisco Javier Fernández González, quen se achegou...

Publicacións Relacionadas