Home Sin categoría O Concello reclámalle á Xunta a urxente reparación das deficiencias da Avenida...

O Concello reclámalle á Xunta a urxente reparación das deficiencias da Avenida de Zamora, da que é titular

- Anuncio -

O alcalde lamenta o estado “terceiromundista” da vía, con “fochancas tremendas” que poñen en perigo a seguridade viaria, e reclamaralle “unha vez máis” á administración autonómica para que arranxe o mal estado

O Concello de Ourense requírelle á Xunta de Galicia que acometa a urxente reparación das múltiples deficiencias que presenta a Avenida de Zamora, da que é titular a Administración autonómica. Así o manifestou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen avanza que desde o Concello lle remitirá unha petición “para que repare de inmediato o malísimo estado no que se atopa a rúa”, con múltiples deficiencias que poñen en perigo a seguridade viaria. O rexedor subliña que esta céntrica rúa da cidade “leva anos de descoido, ten unhas fochancas tremendas e un aspecto terceiromundista”.

Pérez Jácome refire que “moita xente na cidade queda impresionada polo mal estado da rúa e cre que o Concello é responsable. Temos que deixar claro que o Concello non é responsable da rúa porque a titularidade e a responsabilidade do mantemento é da Xunta de Galicia”.

Por este motivos, indica o alcalde que “faremos as instancias pertinentes de forma urxente, xa se fixo moitas veces e non fixeron caso e volveremos facelo unha vez máis”. O goberno municipal valora tamén levar o asunto ao pleno ou mesmo trasladar esta demanda ao Parlamento da Xunta de Galicia.

Relacionadas

María Fernández Sandoica presenta o seu poemario na Pobra

0
María Fernández Sandoica presenta na Pobra do Caramiñal o seu poemario Todo lo que no confundimos por amor. O acto terá lugar no 3...

Salcedo, nova parada no roteiro de Domínguez polas parroquias de Pontevedra

0
• O líder da oposición visita a execución das obras do novo campo de fútbol, a restauración da igrexa parroquial e os problemas de...

A Xunta reafirma o compromiso coa loita contra o narcotráfico a través do Servizo...

0
Este servizo permite axilizar a actividade das unidades xudiciais encargadas destes asuntos, reducir os custos do depósito e xestión dos activos comisados e fomentar...

Mos desenvolve un proxecto senlleiro para a posta en valor da Aldea Alfacuca

0
Forma parte do programa CoidaMOS da concellería de Medio Ambiente mosense A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente mosense, Laura...

O Orzamento municipal non recibe alegacións e aprobarase definitivamente

0
O proxecto orzamentario ascende a 16,3 millóns de euros, o que supón un incremento de cerca dun millón de euros máis ca no 2023 O...

O CEIP da Lama celebra o “Día do Libro” co I Encontro Escolar “Letras...

0
O Concello colabora coa organización e estará presente cun stand da Biblioteca, a OMIX e Radio Nova. Haberá actividades de animación á lectura, xogos, contacontos...

Publicacións Relacionadas