· Estivo acompañado polo presidente provincial do partido, Luis López, o cabeza de lista ao Congreso pola provincia, Julio García Comesaña, e os candidatos ao Congreso, Pepa Pardo e Pedro Puy; así como do candidato ao Senado, Guille Juncal e do presidente local, Rafa Dominguez.
O vicesecretario nacional de Facenda, Vivenda e Infraestruturas do Partido Popular, Juan Bravo, visitou esta tarde a cidade de Pontevedra, onde mantuvo una xuntanza de traballo coa directiva de Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia), para escoitar de primeira man as inquedanzas, retos e propostas do colectivo de autónomos e pequenas empresas galegas.
Previamente, acompañado do presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, do cabeza de lista ao Congreso pola provincia, Julio García Comesaña, e dos candidatos, Pepa Pardo e Pedro Puy; así como do candidato ao Senado, Guille Juncal e do presidente local, Rafa Dominguez, Juan Bravo fixo un percorrido polas rúas de Pontevedra para conversar cos veciños e pulsar as necesidades do comercio local.

