Home Xunta de Galicia A Fundación Galicia Europa organiza unha xornada de debate entre a mocidade...

A Fundación Galicia Europa organiza unha xornada de debate entre a mocidade no marco con motivo do Día de Europa

- Anuncio -

— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou nese evento no que se abordou a renovación do ciclo institucional europeo

— A xornada contou coa colaboración da asociación xuvenil Equipo Europa e coa asociación de debate universitario Retórica da Universidade de Vigo

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou esta mañá na xornada de debate organizada pola Fundación Galicia Europa (FGE) no marco da celebración do Día de Europa co obxectivo de abordar coa mocidade universitaria o estado actual do proxecto de construción europea. No evento, ao que tamén asistiu a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, colaboraron a asociación xuvenil Equipo Europa e a asociación de debate universitario Retórica da Universidade de Vigo.

Gamallo destacou na súa intervención o impacto da Unión Europea e das eleccións ao Parlamento Europeo do próximo xuño. Nesta liña, explicou como algunhas políticas comunitarias afectan á vida diaria á sociedade galega e, en especial, á mocidade.

“O futuro de Galicia tamén depende en grande medida das decisións que se toman a nivel europeo como é o caso das axudas postas en marcha dende a Unión Europea para apoiar á agricultura ou na necesidade dunha política pesqueira común que promova a sostibilidade sen deixar atrás ás familias galegas que dependen da pesca.” Achegou, ademais, o traballo da Xunta en defensa destes intereses de Galicia ante as institucións europeas a través da Fundación Galicia Europa.

De feito, a fundación ten en marcha unha campaña en redes sociais para informar á cidadanía galega sobre o traballo das institucións da UE e sobre o seu impacto en Galicia. En liña co seu compromiso con achegar a Unión á xuventude, patente na iniciativa EuroXuventude, a campaña estará principalmente destinada á mocidade.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas