Home Xunta de Galicia A Xunta convoca por 1 M€ axudas á rehabilitación e mellora de...

A Xunta convoca por 1 M€ axudas á rehabilitación e mellora de vivendas de promoción pública

- Anuncio -
  • Ángeles Vázquez avanza que as solicitudes poderán presentarse desde mañá, 3 de abril, ata o vindeiro 3 de xullo
  • Estas axudas, das que xa se beneficiaron preto de 4.700 inmobles desde o ano 2016, van dirixidas a comunidades de propietarios de vivendas en edificios promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo

A Xunta de Galicia destinará este ano 1 millón de euros para a reparación, rehabilitación e/ou adaptación de vivendas de promoción pública (VPP), tal e como explicou hoxe a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez.

Segundo a convocatoria que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia, poderán beneficiarse destas axudas as comunidades de propietarios de inmobles promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) que teñan máis de 10 anos de antigüidade ou nos que o réxime de protección se extinguira nos tres anos anteriores.

Durante unha visita a unha actuación levada a cabo en Ponteareas ao abeiro destas axudas, na que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, a vicepresidenta segunda en funcións subliñou que a contía da subvención poderá chegar ata o 60% do orzamento das obras, cun importe máximo de 6.000 euros por vivenda.

Nesa liña, logo de salientar que preto de 4.700 vivendas resultaron beneficiadas con estas axudas desde 2016, Ángeles Vázquez avanzou que as comunidades interesadas poderán presentar as súas solicitudes a partir de mañá, mércores 3 de abril, ata o vindeiro 3 de xullo.

Entre as actuacións subvencionables, inclúense as necesarias para levar a cabo a adecuación ás condicións de seguridade e de habitabilidade. Deste xeito, poderán recibir financiamento obras que garantan a estabilidade, resistencia e solidez estrutural e construtiva do inmoble, así como aquelas relativas á seguridade contra incendios e fronte a accidentes ou sinistros. Así mesmo, tamén se inclúen actuacións que proporcionen estanquidade ao inmoble fronte á choiva e á humidade, illamento térmico e acústico, ou mellora das instalacións de calefacción.

A maiores, poden ser obxecto de subvencións obras para a supresión de barreiras arquitectónicas co obxectivo de mellorar a accesibilidade do inmoble -instalación de ascensores, ramplas ou dispositivos adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial-.

Ademais, tamén poden recibir financiamento obras de adecuación funcional que proporcionen ao edificio unha mellora dos accesos aos servizos xerais de auga, gas, electricidade, telefonía, saneamento, etc.

Neste senso, cómpre indicar que as actuacións deberán axustarse á normativa técnica vixente no momento da súa execución e poderán estar iniciadas no momento de solicitar a subvención, pero non rematadas.

No caso dos dous inmobles visitados hoxe pola vicepresidenta segunda en funcións, as comunidades de propietarios recibiron 300.000 euros ao abeiro desta liña de subvencións para levar a cabo melloras na fachada, nos patios e nas medianeiras. E, a maiores, cómpre salientar que, para estas obras, estas comunidades tamén recibiron outros 300.000 euros ao abeiro do Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética (PREE).

Relacionadas

A Xunta nomea os membros do Comité Galego de Xustiza Deportiva co inicio do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu ao acto de renovación deste organismo enmarcado na Lei do Deporte de Galicia O conselleiro de Presidencia,...

Galicia solicita no Senado a revisión do nivel de protección do lobo e que...

0
Ángeles Vázquez insiste na necesidade de adoptar medidas ante a situación insostible que está a soportar o sector gandeiro polo elevado número de ataques...

A Xunta pon en marcha a sexta edición da campaña escolar Pilabot para concienciar...

0
— Os 150 colexios de Primaria e Secundaria participantes terán seis semanas lectivas para xuntar este tipo de residuos, con prazo límite ata o...

A Xunta avanza da man de patronal e sindicatos no marco do diálogo social...

0
― José González salienta a importancia do Diálogo Social e de reforzar a súa transversalidade co gallo dunha xuntanza para avaliar os orzamentos e...

A Xunta amplía en case un 70% o orzamento das axudas extraordinarias ao retorno

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que recolle este incremento que permitirá atender a alta demanda do programa e beneficiar...

Rueda pon en valor a contribución da Xunta na posta en marcha da residencia...

0
Aos preto de 340.000 euros destinados á construción e equipamento, súmanse os 750.000 euros anuais que achegará o Goberno galego para o mantemento de...

Publicacións Relacionadas