Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta aborda coa Asociación para a promoción de actividades de integración...

A Xunta aborda coa Asociación para a promoción de actividades de integración sociolaboral en centros especiais de emprego os retos da economía socia

- Anuncio -

— O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, vén de tratar con representantes de Aspais a nova lei estatal de economía social


— No que vai de ano o Goberno galego xa ten convocado case 39 millóns de euros en axudas para a creación e consolidación de negocios da economía social e para impulsar o emprego inclusivo, incluídos case 26 M€ para centros especiais de emprego

 O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, vén de reunirse coa Asociación para a promoción de actividades de integración sociolaboral en centros especiais de emprego (Aspais), co gallo de afrontar os retos da economía social en Galicia.
En concreto, na xuntanza tratáronse cuestións de relevancia para Aspais como a tramitación da nova lei estatal de economía social, un texto no que agardan que entidades como a súa estean adecuadamente representadas. No encontro estiveron presentes, ademais do conselleiro e da directora xeral, o presidente de Aspais, Ramón Dourado, o secretario, Osvaldo Fernández, e a responsable de comunicación, Esther Fernández.
A Xunta ten en marcha a 2ª Estratexia galega da economía social Horizonte 2027, que persegue posicionar esta fórmula empresarial nos sectores verde, sustentable, industrial, tecnolóxico e dixital, ao tempo que contén medidas para xerar 4.000 empregos e crear 400 novas entidades.

Para seguir dándolle pulo á economía social, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración conta neste 2024 cun orzamento de 43,6 millóns, un 3% máis que no último exercicio. No que vai de ano xa se teñen convocado case 39 millóns en axudas para apoiar a creación e consolidación de negocios ao abeiro deste ecosistema económico e para impulsar o emprego inclusivo. Entre elas, a orde por 25,75 millóns de euros para favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia.

Relacionadas

Rueda salienta a importancia da cultura para mostrar a identidade das cidades

0
O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, salientou hoxe a importancia da cultura á hora de mostrar a identidade das cidades e de facela...

A Comisión Coruña Marítima acorda convocar un concurso internacional para elaborar o deseño que...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou en representación da Xunta na primeira reunión do órgano que dirixirá o futuro dos...

A Xunta contribúe a reforzar Ferrol como destino urbano co primeiro Festival Internacional de...

0
Celebrarase desde este xoves 18 de xullo ata o sábado 20 en varios puntos da cidadeXosé Merelles salienta que a cidade recibe cada vez...

A Xunta outorga autorización ambiental integrada para a planta de construcción e mantemento naval...

0
Os técnicos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúen que a proposta é viable e non terá impacto na contorna se se...

A Xunta concede autorización ambiental integrada ao proxecto para a instalación dunha planta de...

0
Os técnicos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúen que a proposta é viable e non terá impacto na contorna se se...

A Xunta reforza a atención ás vítimas de violencia ou agresión sexual a través...

0
Os procedementos previstos incidirán na garantía da cadea de custodia na recollida de mostras e outras evidencias que poidan contribuír á acreditación das violencias...

Publicacións Relacionadas