Home Xunta de Galicia A Xunta abre o prazo do premio de relato curto Nortear...

A Xunta abre o prazo do premio de relato curto Nortear para obras escritas en galego ou portugués

- Anuncio -

— Dotada con 3.000 euros, a iniciativa está impulsada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, en colaboración coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal


— O prazo de presentación das candidaturas permanecerá aberto ata o 19 de xullo

A Xunta abriu o prazo para participar na 10º edición do premio de relato curto Nortear, impulsado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, en colaboración coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal, e que recoñece obras en galego ou portugués.

Dotada con 3.000 euros, a iniciativa diríxese á mocidade de entre 16 e 36 anos de Galicia ou do norte de Portugal, que teñan unha escrita orixinal e inédita de 5.000 a 8.000 palabras de extensión. Ademais de recibir a dotación económica, a persoa gañadora verá o seu traballo publicado nas linguas galega e portuguesa.

O prazo para presentar as candidaturas permanecerá aberto ata o 19 de xullo a través da web da plataforma Nortear (https://nortear.gnpaect.eu/)

O premio converteuse nunha plataforma de lanzamento para a mocidade escritora da Eurorrexión, ao distinguir anualmente obras literarias orixinais, incentivar a creatividade literaria e promover a distribución das obras alén as fronteiras. Cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfroteiriza España-Portugal (POCTEP), trátase dun espazo cultural compartido no marco da colaboración continuada entre a Xunta e a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal a prol do coñecemento mutuo da cultura, a literatura e a creación artística en xeral.

As persoas gañadoras das anteriores edicións do premio Nortear, ás que concorreron case 400 obras, foron Lara Dopazo Ruibal, Rui Cerqueira Coello, Cecília Santomé, Sara Brandão, Sabela Varela, Célia Fraga, Pedro Rodríguez Villar, Marta Pais de Oliveira e Vicente Vázquez.

Relacionadas

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego a unha trintena de concellos

0
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presenta a programación para a época festiva con actividades que inclúen teatro, música, maxia ou monicrequesA isto...

Arranca `Nadal en Galicia’ cunha ampla axenda de eventos para potenciar o valor turístico...

0
Turismo de Galicia convida a participar en propostas como beléns, mercados e espectáculos que se celebran nas catro provincias Beléns para visitar, mercados para comprar...

Belén do Campo visita as actuacións de revalorización do Castro de Montes Claros realizadas...

0
A delegada destacou que a última intervención supuxo un investimento de 10.300 euros que se uniu ao realizado polo concello da Laracha para poñer...

A Filmoteca de Galicia recibe a directora Carla Simón cun novo cheo do ciclo...

0
A Filmoteca de Galicia recibiu na tarde de onte a directora catalá Carla Simón para unha sesión do seu ciclo Close-Up sobre cinema e...

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego a unha trintena de concellos

0
— O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presenta a programación para a época festiva con actividades que inclúen teatro, música, maxia ou monicreques —...

As axudas da Xunta para mellorar a imaxe exterior de vivendas, edificios municipais e...

0
— Ángeles Vázquez explica que as entidades locais poden optar a axudas por importe máximo de 40.000 € e os propietarios particulares, a incentivos...

Publicacións Relacionadas