Home Xunta de Galicia A Xunta celebra que o Campionato do Mundial de Motocross recale en...

A Xunta celebra que o Campionato do Mundial de Motocross recale en Galicia esta fin de semana con máis cun cento de pilotos

- Anuncio -
  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe na presentación do Gran Premio Galicia, correspondente á sexta proba das categorías MX1, MX2, WMX e a cuarta da MX125, que se disputará no circuíto municipal Jorge Prado de Lugo
  • Diego Calvo puxo en valor os éxitos de Jorge Prado, como o seu campionato do Mundo que, xunto coa mellora das infraestruturas, contribuíu a que Galicia poida contar cunha proba internacional

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta mañá xunto co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, na presentación do Campionato do Mundial de Motocross que acollerá o circuíto municipal Jorge Prado de Lugo esta fin de semana.

Trátase do Gran Premio Galicia, a sexta proba das categorías Elite-MX1, Elite-MX2 e do WMX (Mundial feminino) e a cuarta do MX125, no marco dun evento que xuntará máis dun cento de pilotos, incluído o campión do mundo Jorge Prado, que compite na casa e no circuíto que leva o seu nome.

O apoio da Xunta a esta proba enmárcase no compromiso cos clubs deportivos e coa dotación de infraestruturas que garantan a práctica do deporte profesional e de base nas mellores condicións, como é o caso do circuíto sede deste mundial.

Diego Calvo resaltou a importancia de que Galicia fose escollida para levar a cabo unha proba, a terceira en España despois da de Madrid o pasado marzo e de Cidade Real prevista para finais de setembro. Este fito débese en parte -aclarou- a que se melloraron as infraestruturas para poder albergar unha competición destas características.

Nesta liña, incidiu en que a organización deste tipo de eventos permite situar a comunidade como unha potencia deportiva. O conselleiro de Deportes engadiu que a comunidade galega conta con nomes de referencia a nivel mundial que avalan a boa saúde e os éxitos do motociclismo galego, como Jorge Prado e o resto de pilotos que integran a representación galega neste campionato e que representan “un referente para a mocidade, para a promoción da marca Galicia ou para que medre a afección do motocross”. 

Diego Calvo animou a acudir esta fin de semana a Lugo, “a capital internacional do motocross” onde se ofrecerá un espectáculo inigualable que, ao mesmo tempo, suporá un revulsivo para a economía e o turismo da provincia e da comunidade.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas