HomeXunta de GaliciaA Xunta advirte de que os cambios de Renfe nos horarios na...

A Xunta advirte de que os cambios de Renfe nos horarios na conexión ferroviaria entre A Gudiña e Madrid contribúen ao illamento do rural galego

- Anuncio -spot_img
  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou que  as modificacións realizadas por Renfe o pasado xuño deixan A Gudiña sen enlace antes das 12,00 horas e cunha perda de 16 trens semanais
  • Sinalou que esta decisión non ten en conta as necesidades das persoas usuarias e supón un novo paso atrás na vertebración de Galicia

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, denunciou hoxe no Parlamento galego que a decisión do Goberno central de deixar A Gudiña sen conexión con Madrid antes das 12,00 horas supón un novo paso atrás na vertebración de Galicia ao eliminar opcións de mobilidade no rural, o que repercute de forma negativa na loita contra a despoboación e a conciliación da vida persoal e laboral das persoas que residen en concellos rurais e traballan en áreas urbanas.

No caso da Gudiña, lembrou que coas modificacións postas en marcha por Renfe desde o pasado 9 de xuño elimináronse os dous trens directos a Madrid das 08,28 e 09,14 horas que representan 16 frecuencias semanais menos e, polo tanto, cos mesmos servizos que antes da chegada do AVE a Ourense. As conexións eliminadas, como explicou o conselleiro, eran as que maior demanda rexistraban para realizar xestións no mesmo día na capital.

Ademais destes cambios, as frecuencias aplicables por Renfe desde o pasado 9 de xuño deixaron a Ferrol sen conexión directa con Madrid tras a supresión do Alvia e a Lugo con aumento nos tempos de espera.

A Xunta tamén reclama que hai outras infraestruturas ferroviarias pendentes do Goberno central coa provincia ourensá como a variante exterior de Ourense, a liña ferroviaria Vigo-Ourense polo Miño ou a conexión con Monforte. Tamén insta a recuperar servizos por tren eliminados durante a pandemia desde Ourense a Vigo ou Lugo e tamén na liña Ourense-Monforte-A Rúa- O Barco.

Publicacións Relacionadas