Home Pontevedra O Condado A Xunta adxudica por máis de 2 M€ a construción dunha nova...

A Xunta adxudica por máis de 2 M€ a construción dunha nova estación depuradora para mellorar o servizo de saneamento no Concello de Salvaterra de Miño

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez explica que, unha vez adxudicado o contrato de construción, a previsión é que as obras comecen antes de que remate o primeiro trimestre deste ano co obxectivo de que estean rematadas a finais de 2025

— A futura EDAR está deseñada para dar servizo aos 2.310 habitantes esperados no horizonte do ano 2040

A Xunta de Galicia vén de adxudicar por máis de 2 millóns de euros a construción dunha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) co obxectivo de mellorar o servizo de saneamento no Concello de Salvaterra de Miño.

Durante unha visita á contorna na que se localizará a nova instalación hidráulica, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, explicou que, unha vez adxudicado o contrato de construción, a previsión é que as obras comecen antes de que remate o primeiro trimestre deste ano co obxectivo de que estean rematadas a finais de 2025.

Logo de indicar que esta actuación está financiada pola Xunta e o Concello e conta tamén con conta con fondos da Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), a conselleira engadiu que a futura instalación hidráulica, que se construirá na conca do río Mendo, está deseñada para dar servizo aos 2.310 habitantes esperados no horizonte do ano 2040 en sete parroquias do concello -Leirado, Soutolobre, Corzáns, Fiolledo, Oleiros, Meder e Salvaterra-.

A nova EDAR, que está formulada para un caudal punta de 118,08 m3/h, integrará os procesos de pretratamento, by-pass xeral, bombeo e medida de auga bruta, medida da auga a tratar mediante caudalímetro electromagnético, decantación primaria e reactor biolóxico mediante biodiscos.

Ademais da nova estación depuradora, os traballos comprenden tamén outras actuacións como a construción dun colector de conexión á rede da parroquia de Oleiros, un pozo de bombeo ou un colector-emisario para o vertido do efluente xa depurado ao río Miño.

Para concluír, a conselleira, que estivo acompañada polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, incidiu en que, aínda que a prestación dos servizos de saneamento e abastecemento son unha responsabilidade de competencia municipal, a Xunta leva anos prestando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos que o necesiten no marco dunha estratexia coa que busca ofrecer unha alternativa de xestión autonómica dos servizos da auga.

De feito, o orzamento de Augas de Galicia para 2025 ascende a 144 millóns de euros, dos que 73 millóns de euros se destinarán á mellora das infraestruturas do ciclo da auga para seguir apoiando aos concellos no exercicio das súas competencias en materia de xestión da auga e facer un uso eficiente dela para reducir a pegada hídrica no conxunto da comunidade mediante investimentos nas redes de saneamento, depuración e abastecemento.

Relacionadas

O BNG da Estrada mantén un encontro do sector da mazá do concello

0
Xoán Reices: “Este sector axuda a manter vivo o noso rural e neste sentido na nosa organización cremos que debemos dar apoio e botar...

Comeza a construción da pista multidisciplinar e do auditorio ao aire libre en Figueirido

0
O Concello de Vilaboa inviste no parque do Canaval 264.166 euros para crear en seis meses unha gran área de ocio e esparcemento para...

A Biblioteca Municipal superou os 18 mil préstamos en 2024, un 25% máis que...

0
A Biblioteca Municipal de Tui prestou ao longo do ano 2024 18.279 libros, o que supón un incremento do 25% con respecto 14.536 que...

Bueu acolle este domingo a regata IX Memorial Pepe O Ruso

0
• O campionato arrancará ás 11.30 horas dende o peirao co récord de participación de 36 embarcacións • Por categorías, haberá 10 barcos na feminina,...

A vicepresidenta Luisa Sánchez visita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe a sede que a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo ten na cidade...

O BNG de Vigo esixe aumentar as “raquíticas” axudas do Concello a mulleres vítimas...

0
A fronte nacionalista denuncia a “insuficiencia” desta partida para 2025, que equivale a 50 euros mensuais para un máximo de 33 mulleres, dun orzamento...

Publicacións Relacionadas