Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta amplia en 350.000 euros a orde de axudas para incentivar...

A Xunta amplia en 350.000 euros a orde de axudas para incentivar a adquisición de taxis adaptados de emisións cero ou ECO

- Anuncio -
  • O prazo de presentación de solicitudes segue aberto ata o 14 de outubro
  • Os incentivos son de 10.000 euros para coches adaptados á mobilidade reducida, de 4.000 euros para vehículos de cero emisións e de 1.000 euros para taxis ECO

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación de crédito da convocatoria das axudas para incentivar a adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida, e de emisións cero ou categoría ECO cunha dotación de 350.000 euros, ao esgotarse o crédito de 500.000 euros da orde publicada o pasado novembro.

Esta orde de incentivos para o ano 2024 vai dirixida aos titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade. Consta de tres liñas, que son compatibles entre si, e ascenden a 10.000 euros para o caso da compra de para coches adaptados e accesibles a persoas con mobilidade reducida; a 4.000 euros para vehículos de cero emisións; e a 1.000 euros para a compra de taxis ECO.

O prazo de presentación de solicitudes segue aberto ata o 14 de outubro. Ademais, no caso das axudas para taxi de emisións cero ou Eco poden ser obxecto de subvencións os vehículos novos que se adquiran antes do 31 de outubro de 2024. O mesmo ocorre cos taxis adaptados á mobilidade reducida, se ben tamén poden acceder os que xa foran adquiridos en calquera momento se manteñen o compromiso de actividade durante cinco anos. As persoas beneficiarias da subvención asumen a obriga de ter adscrito o vehículo á autorización de transporte da serie VT-N antes do 1 de xullo de 2025.

O obxectivo é reforzar a aposta do sector do taxi pola inclusión social, financiando a adquisición de vehículos adaptados ás diferentes necesidades de mobilidade e sumar aos profesionais do taxi á loita contra o cambio climático, dotándoos de vehículos menos contaminantes.

A Xunta concedeu a través da convocatoria do ano pasado, dotada con 900.000 euros a compra de 27 vehículos adaptados, de 146 taxis de baixas emisións e de 8 vehículos de emisións cero.  Con estas axudas, o Goberno galego apoia os profesionais do taxi, un sector que en Galicia dá emprego a preto de 3.500 familias e que presta un servizo esencial, favorecendo e garantindo a mobilidade da xente. Actualmente existen 265 taxis adaptados en Galicia: 85 na provincia da Coruña, 80 en Lugo, 31 en Ourense e 69 en Pontevedra.

Relacionadas

Rueda salienta a importancia da cultura para mostrar a identidade das cidades

0
O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, salientou hoxe a importancia da cultura á hora de mostrar a identidade das cidades e de facela...

A Comisión Coruña Marítima acorda convocar un concurso internacional para elaborar o deseño que...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou en representación da Xunta na primeira reunión do órgano que dirixirá o futuro dos...

A Xunta contribúe a reforzar Ferrol como destino urbano co primeiro Festival Internacional de...

0
Celebrarase desde este xoves 18 de xullo ata o sábado 20 en varios puntos da cidadeXosé Merelles salienta que a cidade recibe cada vez...

A Xunta outorga autorización ambiental integrada para a planta de construcción e mantemento naval...

0
Os técnicos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúen que a proposta é viable e non terá impacto na contorna se se...

A Xunta concede autorización ambiental integrada ao proxecto para a instalación dunha planta de...

0
Os técnicos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúen que a proposta é viable e non terá impacto na contorna se se...

A Xunta reforza a atención ás vítimas de violencia ou agresión sexual a través...

0
Os procedementos previstos incidirán na garantía da cadea de custodia na recollida de mostras e outras evidencias que poidan contribuír á acreditación das violencias...

Publicacións Relacionadas