HomeXunta de GaliciaA Xunta apoia en Ourensu a celebración dos Días Europeos da Artesanía...

A Xunta apoia en Ourensu a celebración dos Días Europeos da Artesanía 2025

- Anuncio -spot_img

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, achegouse hoxe á tenda Amodo, en Ourense, para visitar as actividades de divulgación de oficios artesanais que están a organizar ao longo desta semana para conmemorar os Días Europeos da Artesanía, e que contan co apoio da Xunta. En concreto, nesta celebrouse un obradoiro de iniciación á ourivaría a cargo de Acivro Xoias e mañá está previsto realizar outro de pintura folk a cargo de Marica da Berza.

Amodo Tenda abriu as súas portas como un espazo efémero de venda de produtos artesanais durante a campaña de Nadal, promovido e xestionado polos propios artesáns, e reabriu o 15 de xaneiro co obxectivo de converterse nunha tenda permanente na que teñen cabida tamén os obradoiros, as demostracións ou as demostracións de produto.

Publicacións Relacionadas