O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, asistiu hoxe á presentación do IV Torneo Pontevedra Internacional Open U14, cita integrada no circuíto Tennis Europe Junior Tour que reunirá do 14 ao 19 de setembro promesas júnior do tenis de distintos países nas instalacións do Club de Tenis Pontevedra, na Caeira.

