Home O Carballiño Boborás A Xunta avanza na súa colaboración co concello de Boborás para impulsaar...

A Xunta avanza na súa colaboración co concello de Boborás para impulsaar a xeración de emprego e emprendemento co gallo de fixar poboación no rural

- Anuncio -

— No encontro tratáronse cuestións como os obradoiros de emprego e as posibilidades que ofrece o municipio ourensán para as persoas emprendedoras


— Nese senso, púxose de relevo que o Polo do Carballiño -que atende o concello de Boborás- leva atendido 160 proxectos e que está en marcha na provincia -en Lobeira- un proxecto pioneiro de coliving para atraer nómades dixitais á Galicia non urbana

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse hoxe coa alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, co gallo de avanzar na colaboración entre a Xunta e este concello ourensán. Nese senso, abordáronse ferramentas como os obradoiros de emprego e as posibilidades que ofrece este municipio para as persoas emprendedoras.
No primeiro caso, cabe destacar o apoio do Goberno galego ao obradoiro dual Agrupación Carbosam 2024, compartido entre os concellos de Boborás, O Carballiño e Maside e que recibiu unha axuda de preto de 430.000 euros no marco da convocatoria deste ano. Unha acción cunha vintena de persoas participantes que recibirán formación durante nove meses ao tempo que desempeñan un traballo remunerado e que se centrará en operacións auxiliares tanto de acabados ríxidos e urbanización como de albanelería de fábricas e cubertas.

A maiores, concedéuselle aos mesmos tres concellos -Boborás, O Carballiño e Maside- o obradoiro de emprego para menores de 30 anos inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil Xóvenes Agrupación Carbosam 2024-2025, cunha achega próxima aos 439.000 euros. Centrado en traballos de carpintería e moble ou en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, redundará -ao tempo que se incide na formación e capacitación das 16 persoas participantes durante doce meses- na mellora das infraestruturas e servizos locais.

Cómpre apuntar tamén o programa Aprol Rural que -cunha achega autonómica total superior aos 54.000 euros- permitiu a contratación este ano de tres persoas nese municipio ourensán co gallo de levar a cabo tarefas relacionadas coa prevención de incendios forestais nas faixas secundarias. En concreto, para realizar traballos de planificación preventiva, valorización forestal, silvicultura, limpeza de montes ou xestión da biomasa.

Compromiso co emprendemento
No encontro tratáronse outras vías de colaboración con Boborás como a aposta pola creación de actividade económica a través do traballo por conta propia.

Nese senso, os representantes autonómicos destacaron que o Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Carballiño -que atende, entre outras, as persoas interesadas de Boborás- leva asesorado 160 proxectos, un 11% deles que buscan remuda para o seu mantemento. Cun 57% de mulleres á fronte, destacan a nivel global as iniciativas relacionadas coa hostalaría, seguidas do comercio e das actividades profesionais, científicas e técnicas, no marco dunha Rede que rolda os 500 proxectos titorizados na provincia de Ourense e supera os 2.500 en toda Galicia.

Tamén se mencionou no encontro o proxecto pioneiro de coliving que está a impulsar a Xunta en tres espazos do rural -Lobeira (Ourense), Ponte Caldelas (Pontevedra) e Laxe (A Coruña)- a través de estadías temporais que buscan que nómades dixitais ou traballadores en remoto avoguen pola Galicia non urbana para establecerse e dar un xiro ás súas traxectorias profesionais.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Publicacións Relacionadas