HomeXunta de GaliciaA Xunta avoga por fomentar a participación de nenos e mozos en...

A Xunta avoga por fomentar a participación de nenos e mozos en todos os temas que lle afectan

- Anuncio -spot_img

Os participantes debateron sobre os dereitos dixitais dos menores e sobre como acadar que internet sexa un espazo seguro e positivo para todos.

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, salientou a importancia de fomentar a participación activa da xente nova en todo aquelo que lles afecta. Díxoo na clausura do IV Encontro Autonómico de Participación de Consellos Locais de Infancia e Adolescencia, que Unicef desenvolveu esta fin de semana na Residencia de Tempo Libre da Xunta en Panxón.

Jacobo Rey valorou de maneira positiva este tipo de eventos, nos que se fomenta o intercambio tanto de ideas como de experiencias, ademais de abordarse temas relacionados cos dereitos dos menores. Así, o encontro deste ano puxo o foco nos dereitos dixitais, co fin de que os participantes coñeceran os seus dereitos e aprenderan a usalos e a protexelos en internet.

Neste sentido, o director de Familia transmitiu a necesidade de implicar á familias, á escola, aos gobernos e ás empresas tecnolóxicas para lograr que internet sexa un lugar  seguro e positivo para todos.

Publicacións Relacionadas