Home Vigo Mos A Xunta colabora coa Fundación Pazo de Mos na difusicón da historia,...

A Xunta colabora coa Fundación Pazo de Mos na difusicón da historia, a arte e a cultura de Galicia

- Anuncio -

— O obxectivo é apoiar as actividades organizadas desde a fundación e que inclúen desde visitas e formacións ata exposicións, concertos ou espectáculos teatrais

— Román Rodríguez salientou o traballo dos veciños e agradece o seu compromiso por manter vivo o legado cultural da nosa Comunidade

— O representante autonómico tamén visita os traballos arqueolóxicos no Castro de Pereiras, en colaboración coa Comunidade de Montes

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, achegouse esta tarde ata o Pazo de Mos, acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e demais membros do goberno local, para asinar co presidente da Fundación Pazo de Mos, Manuel Castro, un convenio polo que a Xunta vai colaborar coa entidade na difusión da historia, a arte e a cultura de Galicia.

O acordo polo cal o Goberno galego contribúe cos gastos de funcionamento desta fundación ten por obxectivo apoiar as súas actividades, entre as que se inclúen desde visitas e formacións ata exposicións, concertos ou espectáculos de artes escénicas. “Desde o ano 2006 a Fundación Pazo de Mos, grazas á implicación e esforzo dos veciños, fai un importante labor para dinamizar a vida cultural deste municipio e ofrecer unha programación diversa e de calidade”, salientou Román Rodríguez.

Neste senso, o responsable autonómico de Cultura agradeceu o traballo veciñal e o seu compromiso co legado da nosa Comunidade participando en eventos como o Festival Intercéltico O son do Pazo que se acaba de celebrar.

Por outra banda desde o Concello de Mos aproveitouse tamén para asinar coa Fundación Pazo de Mos o convenio anual polo que a administración local apoia á fundación con 10.000 euros. Neste senso, a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, destacou “o compromiso incondicional do Concello de Mos co seu patrimonio histórico, cultural e arquitectónico, por iso continuamos a senda de apostar por axudar á Fundación Pazo de Mos”. Ademais Arévalo agradeceu enormemente “a man sempre tendida da Xunta de Galicia e da consellería de Cultura en particular, apoiando e premiando o esforzo que desde a administración local e colectivos mosenses facemos para poñer en valor a cultura galega e o Camiño de Santiago”.

O obxecto deste convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello de Mos e a Fundación Pazo de Mos, polo que a Fundación se compromete á cesión de uso das instalacións do Pazo de Mos para a realización de actos institucionais por parte do Concello e reunións nas instalacións do Pazo de Mos, principalmente a celebración de sesións plenarias coa periodicidade establecida así como reunións puntuais con asociacións, veciños, actividades culturais, deportivas…

Reforma integral da biblioteca

Con esta contribución, amplíase o compromiso da Consellería co municipio de Mos, que se reflicte na achega de 250.000€ para a reforma integral da biblioteca municipal, o que permite seguir impulsando os servizos culturais de proximidade.

Tamén nos traballos arqueolóxicos que están actualmente en execución no Castro de Pereiras, que o conselleiro visitou, e que se realizan en colaboración co Concello e a Comunidade de Montes de Pereiras co fin de consolidar e poñer en valor os restos atopados nas anteriores campañas.

A actuación na parroquia mosense de Pereiras encádrase na estratexia de Xunta de Galicia para coñecer mellor o noso pasado.

Relacionadas

A Xunta activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da 5ª Edición...

0
― A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración permitirá mobilizar 12 millóns de euros en compras nos establecementos de proximidade, a través...

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

Publicacións Relacionadas