Home Xunta de Galicia A Xunta concede preto de 2.400 axudas en catro anos para corrixir...

A Xunta concede preto de 2.400 axudas en catro anos para corrixir impactos paisaxísticos cun investimento global de arredor de 14 m€

- Anuncio -
  • Ángeles Vázquez destaca que estas achegas para mellorar o estado de distintos inmobles e instalacións teñen cada vez máis demanda e que desde 2021 xa chegaron a 283 dos 313 municipios galegos, máis do 90% do total
  • Na convocatoria deste ano aprobáronse solicitudes de 50 concellos, para realizar 64 actuacións, e de 346 particulares ata esgotarse os 2 millóns de euros orzamentados
  • A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático salienta que Galicia avanza na aposta polo fermosismo promovendo a mellora das fachadas, cubertas, muros e a contorna de distintas edificacións tanto de titularidade municipal como privada

A Xunta de Galicia concedeu nos últimos catro anos (2021-2024) un total de 2.374 axudas a concellos e a particulares por importe de preto de 9,6 millóns de euros para a corrección de impactos paisaxísticos que supoñen a mobilización dun investimento global de 14 millóns de euros.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou hoxe unha vivenda no concello de Trazo onde destacou que se trata dunhas achegas que cada vez teñen maior demanda e que permiten mellorar o estado tanto de inmobles propiedade de particulares como de edificios, equipamentos e outras instalacións de titularidade municipal. De feito, as axudas aprobadas desde 2021 xa chegaron a un total de 283 dos 313 municipios galegos, máis do 90% do total.    

Na convocatoria deste ano aprobáronse 50 axudas a concellos -para 64 actuacións- e 346 a particulares, ata esgotarse os 2 millóns de euros orzamentados, un millón para as entidades locais e outro millón para os particulares que cobren ata o 70% do orzamento subvencionable. Deste xeito, salientou a responsable autonómica, avánzase na execución das actuacións de corrección de impactos paisaxísticos e de aposta polo fermosismo promovidas polo Executivo galego.

As achegas a concellos están dirixidas a aqueles de menos de 20.000 habitantes para dúas liñas de axudas, podendo beneficiarse dun máximo de 40.000 euros (20.000 euros por liña). A primeira das modalidades é para renovación e remate exterior de fachadas, cubertas e muros de cerramento de edificios municipais e a segunda para mellorar o aspecto e conservación de elementos etnográficos como fontes, lavadoiros públicos, palcos de música e hórreos.

O apoios a particulares son para intervencións en fachadas, cubertas e muros de peche e na convocatoria deste ano introduciuse como novidade a posibilidade de financiar a retirada de elementos adxacentes que prexudiquen a imaxe ou causen algún impacto nos bens nos que se pretende intervir.

Actuacións en Trazo

Ángeles Vázquez, que estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e pola alcaldesa, subliñou que o concello de Trazo recibiu nestas catro convocatorias axudas por importe de preto de 140.000 euros para un total de 38 actuacións. No caso da vivenda que visitou, na parroquia de Vilouchada, beneficiouse dunha achega de 3.000 euros en 2021 para a renovación da cuberta con tella do país.

A maiores, ao abeiro da convocatoria deste ano para concellos, o Goberno local ten aprobadas dúas actuacións que suman unha axuda total de máis de 26.000 euros. A primeira delas consiste na mellora do estado do Centro Social de Oa, na parroquia de Xavestre, e a outra -xa en marcha- permitirá recuperar e acondicionar o Lavadoiro de Irexe, na parroquia de Chaián.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas