O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, sinalou que o centro conta con 120 prazas totalmente públicas nunhas instalacións de vangarda
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe aos novos usuarios da nova residencia pública autonómica do barrio da Eiriña, doada á Xunta pola Fundación Amancio Ortega. O centro comezou a funcionar recentemente e destacou que nestes momentos xa hai máis de 40 usuarios instalados.
O director xeral lembrou que os ingresos no centro se realizan paulatinamente seguindo a lista pública, co obxectivo de facilitar a integración dos maiores. Esta residencia pública conta con 120 prazas, nunhas instalacións de vangarda, innovadoras e pensadas para garantir unha atención integral.
Neste senso, Antón Acevedo volveu trasladar o agradecemento da Xunta á Fundación Amancio Ortega pola doazón das residencias públicas que constrúe nas sete cidades galegas e das que xa están en funcionamento a de Lugo, Santiago de Compostela e esta de Pontevedra.



