Home Xunta de Galicia A Xunta destaca o traballo a prol da investigación biomédica do CICA,...

A Xunta destaca o traballo a prol da investigación biomédica do CICA, o que apoia cunha inxección de 2M€

- Anuncio -

O secretario xeral de Universidades e a directora da Axencia Galega de Innovación visitan o centro, que conta con máis de 200 investigadores

 O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitaron hoxe o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA), da Universidade da Coruña, para coñecer o seu funcionamento e liñas de investigación a prol da biomedicina. Este centro, que a Xunta de Galicia apoia cunha achega de 2M€, vén de incorporarse este ano á rede de Centros de Investigación de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia, conformada por 13 centros.
Os representantes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, no marco das visitas conxuntas que están realizando aos centros de investigación e tecnolóxicos para coñecer o seu funcionamento e atender as necesidades que xurdan no eido da investigación biomédica, destacaron o traballo dos máis de 200 investigadores do CICA co obxectivo de afondar nas causas das principais enfermidades e traducir os resultados da investigación básica en aplicacións médicas en eidos como a neurociencia, as enfermidades crónicas e infecciosas ou a medicina rexenerativa.
O centro está tamén especializado no estudo de como a contaminación, a xestión da auga ou do cambio climático, unha alimentación adecuada e a utilización dunha produción primaria responsable, inciden na mellora da saúde humana.
Nanociencia e retos industriais
José Alberto Díez e Carmen Cotelo coñeceron outras áreas de traballo prioritarias como a nanociencia e os materiais avanzados, con iniciativas para o desenvolvemento de ferramentas biomédicas como plataformas de diagnóstico ou multiterapéuticas, ou ben para abordar novos retos industriais.
Durante a visita, púxose en valor o apoio do Goberno galego a este centro de investigación que, ademais dos 2M€ que recibiron por parte da Xunta este ano, no período 2020-2023 captou 12,7M€ en convocatorias competitivas.

Relacionadas

Belén do Campo anuncia un investimento de máis de 157.000€ para as obras de...

0
A delegada da Xunta na Coruña que o obxectivo desta intervención é mellorar o estado de conservación deste ben inmoble incluído no Catálogo do...

A Xunta activa unha nova edición dos bonos activa comercio dotada con 2,5 M€...

0
― José González destacou o impacto desta iniciativa que xa leva máis de 6.100 negocios adheridos nas catro provincias e que prevé mobilizar 12...

A Xunta conmemora o aniversario do nacemento de Neira Vilas coa lectura continuada de...

0
Coincidindo con esta data, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude celebra hoxe o Día da lectura O secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

A conselleira do Medio Rural enxalza as prácticas tradicionais do agro na Festa da...

0
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, enxalzou hoxe a Festa da Matanza de Transmonte, no concello coruñés de Oroso, como unha celebración...

Un total de 680 estudantes de Bacherelaro e FP gozan dunha praza gratuíta ou...

0
— As prazas están destinadas a estudantes procedentes de localidades onde non exista a oferta académica que cursan, nin teñan a posibilidade de desprazarse —...

A Xunta participa na campaña da Unión Ciclista Europea para concienciar sobre a protección...

0
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na iniciativa ‘UEC Forest’ na que representantes de entidades como a Xunta colaboradoras na...

Publicacións Relacionadas