HomeXunta de GaliciaA Xunta destaca que o novo Centro Especial de Emprego de Betanzos...

A Xunta destaca que o novo Centro Especial de Emprego de Betanzos supón un paso máis na Iintegraciín social e inclusión das persoas con discapacidade

- Anuncio -spot_img

A directora xeral de Persoas con Discapacidade destacou que esta iniciativa supón un paso máis na visibilidade e inclusión das persoas afectadas

Este novo centro forma parte da Fundación Hospitalarias que conta con outros recursos de atención no municipio aos que a Xunta destina máis de 4M€

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón destacou esta mañá que o novo centro especial de emprego da Fundación Hospitalarias supón un paso máis na integración e inclusión das persoas con discapacidade. Así o sinalou tras a inauguración deste centro que abre as súas portas no centro de Betanzos.

No acto de inauguración, a directora xeral sinalou que a nova localización deste centro de emprego supón un paso máis na visibilidade e integración das persoas con discapacidade. Así, dáselle a oportunidade de prestar servizos ao resto da comunidade potenciando as súas habilidades e dotándoos de ferramentas para fomentar a súa autonomía.

Begoña Abeijón destacou que esta entidade social conta ademais deste centro con recursos, un centro de día e vivendas tuteladas. A Xunta destina máis de catro millóns de euros ao financiamento de 169 prazas de atención e coidado nos diferentes recursos da Fundación Hospitalarias en Betanzos. Así mesmo, lembrou que no ano 2024 recibiron máis de 700.000 euros en achegas do Executivo galego a través da orde de axudas do IRPF para diferentes programas para a promoción da autonomía.

Así mesmo, a directora xeral recalcou a importancia da colaboración entre o tecido social e a Administración para ofrecer as mellores condicións e servizos. Deste xeito, trasladou o compromiso da Xunta de seguir ofrecendo recursos para impulsar a autonomía das persoas con discapacidade e garantir todos os seus dereitos.

Publicacións Relacionadas