Home Xunta de Galicia A Xunta e o Colexio Oficial de arquitectos de Galicia retoman as...

A Xunta e o Colexio Oficial de arquitectos de Galicia retoman as actividades formativas para promover o uso da madeira nos Proxectos constructivos

- Anuncio -
  • No marco do convenio de colaboración subscrito entre a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) e o COAG convócase unha nova edición do curso Introdución á construción con madeira que fomenta o uso deste material no eido da obra nova e da rehabilitación
  • A actividade desenvólvese de xeito on line ao longo de varias xornadas e inclúe a visita á Reitoral de Taboadela e á adega A Barouta da man da firma Maderas Rubén, empresa participante nos dous proxectos construtivos

A Axencia galega da Industria Forestal (Xera), dependente da Consellería de Economía e Industria, e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) promoven por segundo ano consecutivo o curso Introdución á construción con madeira, unha actividade formativa na que están a tomar parte 180 profesionais da arquitectura.
Con esta iniciativa, a Xunta de Galicia, en colaboración co COAG, quere promover e mellorar o coñecemento do uso da madeira no eido construtivo, tanto o seu emprego en obra nova como en proxectos de rehabilitación. Un sector en auxe tal e como amosa a boa acollida que tivo esta nova convocatoria da que inicialmente se ofertaron 100 prazas que se viron finalmente ampliadas ata as 180 para dar acubillo a todos aqueles que o solicitaron.
O curso arrancou o pasado 24 de outubro co primeiro dos cinco seminarios web que están tendo lugar a través da plataforma de formación do COAG e inclúe dúas visitas a espazos ou intervencións que tiveron a madeira como elemento principal. Tal é o caso da visita de hoxe á Reitoral de Taboadela e á Adega A Barouta, na que participaron 30 arquitectos que están a realizar o curso e nos que estiveron acompañados da firma Maderas Rubén, que interveu nos dous proxectos.
O Executivo autonómico ten un compromiso claro coa consolidación dun sector forestal forte, sustentable e adaptado aos tempos, un compromiso co sector da madeira que ten unha tradución en materia de vivenda. Deste xeito, ademais das axudas publicadas para impulsar a construción con madeira no ámbito privado por importe de 5 millóns de euros, a Xunta márcase o obxectivo conxunto de que progresivamente o 20 % das edificacións da Administración pública galega empreguen madeira na súa estrutura.
Para acadar este obxectivo, chegouse a acordos de colaboración entre organismos públicos como o subscrito entre XERA e o SERGAS, ou entre a XERA e a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) e o Instituto Galego de Vivenda (IGVS) para que se incorpore na medida do posible o uso da madeira nas infraestruturas promovidas e/ou executadas por ditos organismos.

Relacionadas

A Xunta lamenta que o Goberno non atendese as súas alegacións ao novo regulamento...

0
― José González remarcou a falta de sensibilidade do Executivo ante a postura defendida por Galicia en coordinación co terceiro sector, desbotando a figura...

A Xunta desenvolve un proxecto piloto para instalar puntos de carga sostibles en centros...

0
— Ángeles Vázquez subliña que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático destinará 170.000 euros para financiar actividades e formación de persoal e...

A Xunta destaca a importancia de que as entidades asentadas no territorio e coñecedoras...

0
— Ángeles Vázquez salienta que a súa contribución é vital para optimizar a xestión e a protección daqueles elementos de valor máis sensibles en...

Xosé Merelles gaba o papel diversificador do Camiño de Inverno que medrou o 42%...

0
— O director de Turismo de Galicia asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Municipios para a promoción e mellora da experiencia dos...

A Xunta prevé executar en 2025 labores de conservación e limpeza en arredor de...

0
— Ángeles Vázquez salienta que o organismo hidráulico destinará 2,7 M€ o vindeiro ano á realización deste tipo de traballos, que inclúen a retirada...

A Xunta subliña que o proxecto de recuperación de soutos e castiñeiros de Nogueira...

0
O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na presentación do proxecto Transformación bioeconómica forestal en Nogueira de Ramuín...

Publicacións Relacionadas