HomePontevedraBarroA Xunta e o Concello de Barro estudan o proxecto para instalar...

A Xunta e o Concello de Barro estudan o proxecto para instalar unha nova Estación Depuradora na localidade

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Galicia e o Concello de Barro estudaron a posibilidade de instalar unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na localidade.

Nunha reunión que mantiveron o director de Augas de Galicia, Roi Fernández, e o alcalde da localidade, Xosé Manuel Fernández, abordaron o proxecto que preparou o Concello sobre esta nova instalación, que está en proceso de revisión por parte dos técnicos do ente público, así como as opcións de financiamento para levalo a cabo.

A Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á s súa veciñanza.

Publicacións Relacionadas