HomeO RibeiroA ArnoiaA Xunta e os concellos de Castrelo de Miño, Arnoia e Cenlle...

A Xunta e os concellos de Castrelo de Miño, Arnoia e Cenlle avanzan na súa colaboración no eido da artesanía dentro do Festival Espírito do Ribeiro 2025

- Anuncio -spot_img

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse hoxe cos alcaldes de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; de Arnoia, Rodrigo Aparicio e coa alcaldesa de Cenlle, Rebeca Sotelo, cos que abordaron distintos aspectos relativos á colaboración da Xunta na edición deste ano do festival Espírito Ribeiro.

Esta cita conta co apoio da Fundación Artesanía de Galicia dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, nos distintos obradoiros deste sector que incluirá esta iniciativa prevista para o mes de xuño nestes tres municipios. Este apoio enmárcase na aposta do Goberno galego a prol da artesanía galega, como vertebradora do territorio. Este sector terá un oco prioritario no futuro Plan Estratéxico de Comercio 2025-2030, que abarcará actuacións para garantir a súa competitividade e a remuda xeracional.

Publicacións Relacionadas