Home A Coruña A Xunta elimina dous puntos de ertido de augas residuais nas parroquias...

A Xunta elimina dous puntos de ertido de augas residuais nas parroquias de San Xián de Torea e de San Xoán de Serres, no concello de Muros

- Anuncio -

― Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron estes focos no marco das inspeccións rutineiras nas redes fluviais

― Os focos tiñan a súa orixe na rede municipal de desaloxo de augas pluviais na parroquia de San Xián de Torea e nunha rede de saneamento da parroquia de San Xoán de Serres, con vertido directo á marxe esquerda do río

― Nunha inspección recente, os técnicos autonómicos verificaron mediante analítica dos puntos de vertido que as actuacións executadas permitiron o cese do vertidos

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou dous puntos de vertido de augas residuais nas parroquias de San Xián de Torea e San Xoán de Serres, no concello de Muros.

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron estes focos no municipio, no marco das inspeccións rutineiras nas redes fluviais da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

O foco localizado na parroquia de San Xián de Torea correspondíase cunha rede de pluviais que vertía por infiltración no terreo. O segundo foco, localizado no lugar de Valdexería, na parroquia de San Xoán de Serres, tiña orixe nunha rede de saneamento con vertido directo á marxe esquerda do río.

Os técnicos da Xunta solicitaron ao Concello un plan de actuacións para eliminar as achegas contaminantes.

No caso San Xián de Torea, a emenda consistiu na conexión da condución cara ao novo sistema de depuración municipal implantado na zona. No segundo caso, a emenda das achegas contaminantes foi posible grazas á execución de rede separativa no lugar de Valdexería.

Os técnicos da Xunta realizaron recentemente unha nova inspección á zona, verificando mediante a toma de mostra o cese dos puntos de vertido e a inexistencia de afección á rede fluvial.

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

Publicacións Relacionadas