Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta fai oficial a conversación da Escola de Cantería de Galicia...

A Xunta fai oficial a conversación da Escola de Cantería de Galicia nun Centro Integrado de FP

- Anuncio -

— O DOG publica o decreto co que a Consellería de Educación impulsa o centro, que suma catro novas titulacións e a contratación de profesorado


— O novo director do centro será David Alvariño, que foi director do Instituto IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra durante oito anos


— Todos os novos ciclos ofertados vanse impartir, dado que contan xa con matriculados, e aínda hai prazas dispoñibles para potenciais interesados

A incorporación da Escola de Cantería de Galicia, en Poio, á Rede de Centros Integrados de FP xa é oficial. Así o notifica hoxe o Diario Oficial de Galicia coa publicación do decreto que regula a súa creación como centro especializado no sector da edificación, a construción e a cantería.
Esta inclusión enmárcase na aposta do Goberno galego por recuperar e potenciar o oficio de cantería, un dos máis antigos e representativos de Galicia. Neste sentido, refórzase a oferta formativa con catro novas titulacións para este curso 2024/25 que comeza, das cales dúas son ciclos duais e outra é unha titulación de alta especialización.
Trátase do ciclo básico en Reforma e Mantemento de Edificios, dos ciclos de FP dual en Construción e en Proxectos de Edificación e da titulación de alta especialización en Pedra Natural especializada en cantería, unha das 13 deste tipo que entran novas este curso en toda Galicia.
Todos os novos ciclos ofertados no Centro Integrado de FP de Cantería de Galicia vanse impartir, dado que contan xa con matriculados. Con todo, aínda hai prazas dispoñibles para potenciais interesados e a inscrición poderá formalizarse ao longo do mes de setembro.
Reforzo docente
O responsable de dirixir o centro nesta nova etapa conta cunha ampla experiencia na función directiva. Trátase de David Alvariño que foi, de feito, director do Instituto IES Frei Martín Sarmiento, de Pontevedra, durante oito anos.

No marco deste compromiso de reforzo do centro, a Xunta de Galicia tamén contratará máis profesores para impartir os ciclos e ofrecer unha boa formación a todo o seu alumnado. Este impulso, tanto de oferta formativa como de profesorado, está motivado pola crecente demanda das empresas de contar con persoas que dispoñan das competencias necesarias para empregar as últimas tecnoloxías e materiais, co obxecto de ofrecer solucións innovadoras no eido construtivo.

Relacionadas

A Xunta despide os campamentos de verán para persoas con discapacidade que contaron con...

0
A directora xeral de Persoas con Discapacidade visitou último campamento en Gandarío polo que pasaron máis de 100 persoas con discapacidade ao longo deste...

Tres estudantes representan a Galicia en Lyon  na maior competición internacional de FP

0
— Trátase de Ezequiel Toro, do IES San Clemente de Santiago; María Bazar, do CIFP Paseo das Pontes da Coruña, e de Laura Pereira,...

A Xunta avanza na mellora da rede de saneamento do núcleo urbano de Lalín...

0
Ángeles Vázquez engade que se instalará un parque infantil na cuberta do tanque co obxectivo de mellorar a integración paisaxística da obra A Xunta de...

López Campos anuncia que a Xunta actuará nos xacementos da Illa de Tambo para...

0
— O titular de Cultura do Goberno galego encadra esta intervención no compromiso da Administración autonómica coa conservación e protección dos bens culturais — Lembra...

A Xunta incorpora máis de 100 empresas galegas e seis espazos protexidos á nova...

0
Participan un total de 331 empresas turísticas locais das catro comunidades autónomas situadas en 25 espazos protexidos da España Verde e permitirá realizar actividades...

Rueda reitera o apoio da Xunta aos 295 concellos adheridos a Sogama ao asumir...

0
 Anuncia que a Xunta se reunirá a semana que vén coa Fegamp para explicarlle como se realizará esa transferencia de fondos  Pon en...

Publicacións Relacionadas