HomeXunta de GaliciaA Xunta fomenta o consumo responsable a través do programa Infonadal entre...

A Xunta fomenta o consumo responsable a través do programa Infonadal entre máis de 3.300 estudantes de preto de 40 centros educativos de toda Galicia

- Anuncio -spot_img
  • Tras chegar entre o 25 de novembro e o 19 de decembro tanto a pequenos e pequenas como a alumnado maior de idade, a iniciativa continuará no marco das actividades de conciliación organizadas a partir de mañá por concellos e entidades sen ánimo de lucro
  • Por provincias, ata o venres pasado visitáronse 18 centros na provincia de Pontevedra, 10 na da Coruña, 6 na de Lugo e 4 na de Ourense, cun total de 75 accións

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración —a través da Escola Galega de Consumo adscrita ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia— vén de pechar o seu programa Infonadal 2025 nos centros educativos, para dar paso a partir de mañá á etapa da iniciativa no marco das actividades de conciliación e ocio organizadas por concellos e entidades sen ánimo de lucro co gallo destas datas festivas. En concreto, máis de 3.300 alumnos e alumnas recibiron nocións sobre consumo responsable e sobre dereitos básicos das persoas consumidoras en preto de 40 centros educativos de toda Galicia. Deles, 18 son da provincia de Pontevedra, 10 da Coruña, 6 de Lugo e 4 de Ourense

O programa Infonadal nos centros desenvolveuse, en concreto, entre o 25 de novembro e o 19 de decembro, promovendo un total de 75 actividades para todas as idades, incluídos xogos para aprender dunha maneira lúdica distintos aspectos relacionados co consumo responsable a través da posta en valor da etiquetaxe ou dos mecanismos de control da seguridade de produtos como os xoguetes.

Estas accións encádranse no labor de impulso, apoio e asesoramento que leva a cabo a Escola Galega de Consumo a través de accións de educación e formación como cursos, obradoiros, conferencias, publicacións e estudos. Nese senso, cómpre destacar que este organismo forma unhas 20.000 persoas de todas as idades cada ano, con preto de 700 actuacións.

Publicacións Relacionadas