A Xunta imparte este mes de xaneiro diferentes cursos sobre poda de viñedo a través da Oficina Agraria Móbil

adminON
Lectura mínima de 1

A Xunta está impartindo estes días diferentes cursos sobre poda de viñedo por medio da Oficina Agraria Móbil. Así, unha destas accións formativas desenvolveuse xa na localidade pontevedresa de Arbo o pasado venres día 19 e están previstas outras dúas os vindeiros días 24 de xaneiro (en Salvaterra de Miño) e 29 do mesmo mes (na vila luguesa de Pantón).

En cada un destes cursos poden participar, como máximo, 15 alumnos, que teñen que realizar a inscrición (gratuíta) previamente. O programa ten una parte teórica e outra práctica, con labores nas propias viñas.

Datos para a inscrición:
o Curso do día 24 en Salvaterra de Miño: Correo-e: oac.seca.ponteareas@xunta.gal. Teléfono: 886 110 047
o Curso do día 29 en Pantón: 982 88 91 15 e 982 88 91 14.

Comparte este artigo